MISIÓN
<p align = «justify»> A Federación ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación e coordinación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. </p>
VISIÓN:
A Federación ten como visión un movemento asociativo consolidado e amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso e liderado nas metodoloxías de traballo e na búsqueda da excelencia nas actuacións dirixidas o grupo social de persoas con discapacidade.
PRINCIPIOS E VALORES
COGAMI LUGO defínese como unha entidade que carece expresamente de animo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental, de carácter voluntario, e poderá solicita-la súa declaración de utilidade pública.
A Federación basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:
- Democracia interna.
- Solidariedade entre os seus membros.
- O impulso da participación dos seus membros en tódalas súas actuacións.
- A Transparencia e publicidade na xestión e actuación das entidades.
- Defensa das necesidades xerais por enriba de intereses particulares.
- Desbotar protagonismos e actitudes competitivas.
- A defensa do grupo social como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas, paternalistas e asistenciais.
Os valores que a Cogami Lugo propugna son a consideración das persoas con discapacidade como suxeitos titulares de dereitos e deberes, a calidade na actuación das entidades, a eficacia e a eficiencia, a mellora continua, o compromiso polo conxunto do grupo de persoas con discapacidade.