O Voluntariado é un pilar importante para as entidades asociativas que traballamos con e para persoas con discapacidade e entendémolo tamén como unha ferramenta de cambio, de transformación da sociedade.

En moitos aspectos as persoas que acoden ós servizos e actividades precisan dunha atención constante que grazas a labor das persoas voluntarias lles permite acadar distintos obxectivos: favorecer a aprendizaxe das distintas disciplinas, autonomía nas súas actividades, mellora na atención individualizada, mellora das habilidades, reforzo positivo…

A Federación é unha das 11 entidades que este ano compuxeron a Rede Lucense de Voluntariado, que traballando en rede interveñen con distintos colectivos en risco de exclusión social. A súa vez complétase esta rede con colaboracións puntuais con outras entidades ou persoas colaboradoras, a maiores das distintas Administracións Públicas.

 En canto ós destinatarios deste programa son as persoas con discapacidade da Provincia de Lugo:

  • Asociados de calquera das asociacións que integran a Federación Provincial.
  • Persoas usuarias das actividades formativas do Centro de Recursos para a Discapacidade de Fingoi: Aula de Alfabetización e Talleres Prelaborais, Aula Ocupacional para Gravemente Afectados, Alumnos dos Cursos de Formación Ocupacional do Plan A.F.D.
  • Persoas usuarias do Servicio de Intermediación e Integración Laboral (SIL) de Cogami.
  • Persoas con discapacidade que atoparon de interese as nosas actividades e servizos e que precisaron de apoios para favorece-la súa integración.

 

 

Apoio na Aula

 

Acompañamento ás Persoas con Discapacidade

Captación de Voluntariado para Persoas con Discapacidade

Habilidades Sociais e Participación na Comunidade

Apoio_aula_cogami
acompañamento_cogami
captacion_voluntariado
Voluntariado_Cogami

A través de persoas voluntarias refórzanse coñecementos e poténcianse a adquisición de destrezas, mediante unha atención máis personalizada e acorde as súas necesidades. Dotase as persoas con discapacidade usuarias dos apoios, reforzos e recursos precisos que dan resposta as súas necesidades, co fin de adquirir os coñecementos para desenvolver a súa autonomía persoal.

Os lugares onde se realizan as actividades son: CRD-Fingoi en Lugo e o Taller Prelaboral de A Ulloa, en Monterroso.

Incorpóranse persoas voluntarias co fin de favorece-la participación das persoas con discapacidade na vida comunitaria e conseguir que poidan desfrutar dos recursos e servizos que se ofertan no seu entorno máis próximo. Fanse acompañamentos a entidades públicas, actividades socioculturais e de lecer e nos propios domicilios.

Os lugares onde se realizan as actividades principalmente son: CRD-Fingoi en Lugo e Espazo cultural Lorenzo Varela en Monterroso.

 

A captación de voluntariado é algo cotiá, faise sensibilización en calquera actividade e promóvense as boas prácticas do mesmo. Sempre se fai unha bolsa de voluntariado anual. A maiores faise difusión e potenciase a través do traballo coordinado coa Rede Lucense de Voluntariado, a través do SEPIU da USC e a través da páxina Web da entidade.

A través da programación deste Taller realízanse sesións con grupos reducidos de persoas con discapacidade. Nas actividades do CRD de Fingoi abórdanse os seguintes contidos:

  • Habilidades sociais
  • Asertividade
  • Autoestima
  • Empatía e Intelixencia Emocional

O lugar onde se realiza a actividade é: Cogami Lugo

 

Copyright © 2024 | Federación Cogami Lugo | Aviso Legal | Política de privacidad