
A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo “COGAMI LUGO”, constitúese o 30 de novembro do ano 1996, pola vontade de cinco asociacións da provincia de Lugo que perseguen obxectivos comúns, e coa intención de unir sinerxias que repercutan nunha mellor resposta ás necesidades das persoas con discapacidade da Provincia de Lugo.
A Federación, atópase inscrita nos seguintes Rexistros:
- Rexistro Provincial de asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, desde o 22 de abril de 1997, co Nº 13.
- Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, da Consellería de Asuntos Sociais, desde o 23 de setembro de 1997, co Nº S-1016.
- Rexistro Municipal de Asociacións do Excmo. Concello de Lugo mediante Decreto 026/2000, desde o 24 de marzo de 2000, co Nº 78.
- Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria do Servizo Galego de Voluntariado da Consellería de Asuntos Sociais, desde o 27 de setembro de 2002, co Nº O-146.
- Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) co Nº E-1016