
1. Presidencia
- Nome: José Luis Lolo Celeiro
- Funcións:
- Representar oficialmente á Federación.
- Convocar e presidir as reunións da Asemblea Xeral, da Xunta Directiva.
- Nomear a calquera persoa como Asesor, que serán ratificados pola Xunta Directiva, e de asignarlle as tarefas axeitadas e coa obriga de informar á Xunta Directiva, das recomendacións e informes deses asesores. As resolucións de calquera asesor non son vinculantes en ningún caso.
- Permitir ou non, a presencia de invitados nas reunións da Xunta Directiva e nas Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias
- Ordenar os pagos con cargo ós fondos da Federación. Leva a sinatura social conxuntamente co Secretario ou o Tesoureiro
- A retirada dos fondos da Federación depositados en entidades bancarias para o que precisará a sinatura do Secretario ou do Tesoureiro.
- Autorizar coa súa sinatura as actas das reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
- Velar pola execución dos acordos adoptados na Asemblea Xeral e na Xunta Directiva.
- Subscribir contratos en nome da Federación, outorgar poderes a terceiros, exercitar accións e opor excepcións ante os órganos da xurisdición ordinaria e especial, aceptar doazóns, legados e herdanzas, aceptar endosos, recibir subvencións e realizar calquera outro acto equivalente de interese ós fins da Federación.
- Coidar do debido cumprimento dos Estatutos, dos fins e principios da Federación.
- Calquera outro de interese para a execución dos Estatutos.
- Resumo traxectoria profesional:
- Técnico Especialista en Informática de Empresas.
- Entra no Movemento Asociativo de Persoas con Discapacidade en xaneiro do 1993, como socio voluntario da Asociación Auxilia Lugo e posteriormente Secretario da súa Xunta Directiva.
- Traballa en COGAMI dende outubro do 1993, ocupando o encargo de posta en marcha do Centro de Novas Tecnoloxías de FINGOI (Lugo), ocupando dende entón distintos postos, Administrativo, Director.
- Na actualidade continúa no Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de FINGOI ocupándose da Coordinación do Movemento Asociativo da Provincia de Lugo.
- Co-fundador da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI LUGO) no ano 1996, formando parte da Xunta Xestora para a legalización da mesma.
- Secretario da Xunta Directiva do ano 1997 ao 2000 e do 2000 ata a actualidade Presidente da Xunta Directiva.
- Membro da Xunta Directiva de COGAMI durante os 4 últimos mandatos, ocupando os cargos de vocal e no 2º mandato o cargo de Vicepresidente.
- Membro do Consello de Administración do Grupo Empresarial de GES dende a súa creación.
- Ocupou os cargos de Administrador de dúas das sociedades do Grupo: Gráficas Integrais COGAMI e Lucense de Carpintería.
- Actualmente é Secretario da Asociación Ágora e membro da súa Comisión Permanente dende o ano 2011.
- Socio activo de Asociacións de Persoas con Discapacidade: Asociación Ágora (Monforte), Auxilia Lugo, Alcer Lugo, Asociación Benxamín Paz.

2. Vicepresidencia
- Nome: María Emma Camaño García
- Funcións:
- O vicepresidente substituirá temporalmente ao presidente nos casos de ausencia ou enfermidade.
- Así mesmo poderá asumir todas aquelas funcións do Presidente que este delegue expresamente nel.
- No caso de substitución definitiva, esta sería ós efectos tan só de convocatoria de novas eleccións; establecida para un período de tres meses.
- Resumo traxectoria profesional:
- Diplomada en Traballo Social.
- Traballa en COGAMI dende o ano 2002, como Coordinadora na Asociación A MARIÑA-COGAMI en Ribadeo, Lugo.
- Forma parte da Xunta Directiva da Asociación A MARIÑA-COGAMI dende o ano 2003 como Secretaria e dende o 2013 como Presidenta.
- Forma parte da Xunta Directiva da Federación de Lugo, COGAMI-LUGO dende 2008.
- Forma parte da Xunta Directiva de COGAMI dende o ano 2007.

3. Secretaria
- Nome: Mónica Álvarez San Primitivo.
- Funcións:
- Custodiar os libros, documentos e selo da Federación, excepto os libros de contabilidade.
- Leva-lo libro de rexistro de Socios.
- Redacta-las actas das Asembleas Xerais e da Xunta Directiva.
- Librar certificacións con referencia ós Libros e documentos da Federación co visto e prace do Presidente.
- Constituír e retira-los depósitos, abrir contas e retira-los fondos, sendo necesario a sinatura do Presidente.
- Prepara-los puntos que teñen que tratarse nas Asembleas Xerais, enviaranse as Actas e a Orde do Día con quince días de antelación como mínimo.
- Responsabilizarse, xunto co Presidente, do debido cumprimento dos Estatutos e dos fins e principios da Federación .
- A organización dos servicios técnicos da Federación.
- Impulso e control do funcionamento da Federación
- A representación xurídica ante todo tipo de instancias públicas e privadas, e de carácter administrativo e xudicial, por delegación do Presidente
- Responsabilizarase de arquivos, ficheiros, así como do bo funcionamento das tarefas administrativas, en xeral, da Federación.
- Resumo traxectoria profesional:
- Diplomada en Maxisterio, especialidade Educación Especial.
- Traballa en COGAMI dende o ano 2002 ata 2013 como Orientadora Laboral no SIL (Servizo de Intermediación Laboral). En 2013 comeza a traballar como Coordinadora na Asociación Ágora en Monforte de Lemos.
- Forma parte da Xunta Directiva de COGAMI dende o ano 2007.
- Presidenta da Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade dende o ano 2009 e vocal na Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade tamén en 2009. Membro do Foro de Igualdade entre homes e mulleres do Concello de Lugo.

4. Tesoureiro
- Nome: Manuel Barreiro Conde
- Funcións:
- Custodiar levar os libros de Contabilidade.
- Comunicar inmediatamente á Xunta Directiva o incumprimento ou irregularidades que se poidan producir nos cobros, pagamentos e, en xeral, na xestión económica da Federación.
- Custodia-los fondos da Federación, respondendo das cantidades das que se fixera cargo, conservando na caixa os fondos que a Xunta Directiva estime necesarios para o normal desenvolvemento da Federación. Para dispor dos fondos da Federación, necesitará da sinatura do Presidente.
- Farase cargo das cantidades que se ingresen na Federación, arquivando os libramentos que se fagan efectivos cos seus xustificantes.
- Constituír e retira-los depósitos, abrir contas e retira-los fondos, sendo necesario a sinatura do Presidente.
- Elaborará os presupostos anuais e fará previsións de futuro.
- Cobrará as cotas dos socios.
- Solicitará as subvencións oficiais, públicas ou non, que se acorden periodicamente.
- Resumo traxectoria profesional:
- Estudos de bacharelato e de teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán. Fixo o curso de Formación en xestión para responsables de organizacións de persoas con discapacidades de Fundosa Social Consulting. Participou na creación e dirección do centro ocupacional Agora (1995-2007) e na posta en marcha das vivendas tuteladas Agora e na xestión do centro especial de emprego Agora (1997-2004). Actualmente traballa de administrativo na asociación Agora-centro ocupacional. Exerce de presidente da asociación Agora dende abril de 1997 e representante na mesma na Federación COGAMI-Lugo. Así mesmo, participa na Asociación “Irimia” e na “Mesa pola Normalización Lingüística de Galicia”. Pasa a formar parte da xunta directiva de COGAMI en maio de 2015.
5. Vogais
- Funcións:
- Participación nas reunións de Xunta Directivas.
- Participación nas votacións de toma de decisión que teñan lugar na Xunta Directiva.

5.1. Vogal 1
- Nome: Delia María Lorenzo Zarandona
- Resumo traxectoria profesional:
- Diplomada en Debuxo Publicitario.
- Profesora de debuxo e modelado na Escola Obradoiro de Sarria ata 1993.
- Presidenta de ALCER LUGO (2004-2008), e na actualidade vicepresidenta.
- Vocal en COGAMI LUGO dende 2007.
- Vocal en COGAMI dende 2011.

5.2. Vogal 2
- Nome: Dámaso Cachaldora Pérez
- Resumo traxectoria profesional:
- Técnico en Xestión Administrativa.
- Membro da Asociación Auxilia Monforte participando en Xuntas Directivas.
- Membro da Xunta Directiva da Asociación Agora desde o ano 2011.
- Membro da Xunta Directiva de Cogami Lugo desde o ano 2007.

5.3. Vogal 3
- Nome: María Isabel Valiela Pérez
- Resumo traxectoria profesional:
- E profesora de secundaria no ensino público. Incorporouse a Xunta Directiva de Agadhemo no ano 2008, sendo a actual Secretaria Xeral. Ademais colabora son Solidaridad Internacional de Galicia dende a súa fundación, con diferentes funcións e responsabilidades nos últimos anos.

5.4. Vogal 4
- Nome: María Purificación Salvador Rebolo
- Resumo traxectoria profesional:
- FP II Delineación Edificios e Obras.
- Traballadora de Combina Social dende 2009.
- Socia fundadora da Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade.
- Forma parte da Directiva de COGAMI LUGO dende o ano 2011

5.5. Vogal 5
- Nome: María del Carmen Berta García Abelairas
- Resumo traxectoria profesional:
- Presidenta de Alcer Lugo.
- Vogal en Cogami Lugo dende o 2015.

5.6. Vogal 6
- Nome: Begoña Rodríguez Piñeiro
- Resumo traxectoria profesional:
- Diplomada en Maxisterio, especialidade Filoloxía Inglesa.
- Técnica Superior en Informática de Empresa.
- Traballa en COGAMI dende o 2006 como Orientadora Laboral no SIL (Servizo de Intermediación Laboral).
- Socia fundadora de ACADAR formando parte da Xunta Directiva dende o 2009.
- Membro da Xunta Directiva da Asociación Agora dende o ano 2011.
- Vogal en Cogami Lugo dende o 2015.

5.7. Vogal 7
- Nome: María Teresa Lagos Sanmartín
- Resumo traxectoria profesional:
- FP I.
- Traballa en Cogami dende o ano 1997 como persoal administrativo.
- Socia fundadora de ACADAR formando parte da Xunta Directiva dende o 2009.
- Vogal en Cogami Lugo dende o ano 2015.

5.8. VOGAL 8
- Nome: José Emilio Nieves Rodríguez
- Resumo traxectoria profesional:
- Graduado Escolar.
- Membro da Asociación Auxilia Monforte e da Xunta Directiva.
- Membro da Xunta Directiva de Cogami Lugo desde o ano 2015.