Elaboración do Curriculum
febrero 9, 2017
Bonificación á Contratación
febrero 13, 2017

Financiación do Emprendemento

Unha vez se ten clara unha idea de negocio, a parte da financiación é un requisito indispensable para poder levala adiante.

Cando falamos de financiación podemos distinguir entre a tradicional e a alternativa. Dentro da tradicional temos a propia, que serían recursos propios e capital social; e a pública na que están os préstamos bancarios, subvencións e axudas.

Nesta financiación contamos con diferentes servizos que nos poden axudar:

  • Na Consellería de Economía, Emprego e Industria: na páxina da Xunta de Galicia podemos atopar unha serie de axudas destinadas a pequenas e medianas empresas (PEMES).
  • No Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE): apoia a iniciativa emprendedora cunha serie de axudas clasificadas por Comunidades Autónomas e tamén mediante financiación ICO, orientadas a autónomos e empresas que realizan inversións no territorio nacional ou necesitan cubrir problemas de liquidez.
  • No CEI-NODUS: do Concello de Lugo; neste centro ponse a disposición das persoas emprendedoras información sobre o financiamento público ademais doutras axudas a través da Administración Local.
  • Na Fundación C.E.L. : é un centro no que te asesoran e che proporcionan un lugar físico no que facer posible o teu proxecto emprendedor.
  • Na Cámara de Comercio: programa PAEM; proporcionan principalmente financiación a mulleres emprendedoras, clasificando as axudas por Comunidades Autónomas.
  • Na Deputación de Lugo

No caso de financiación alternativa, estas son novas formas de financiación que van máis alá das bancarias e mercados de capital empregando as novas tecnoloxías para acceder a elas de maneira rápida e sinxela.

Existen varios tipos desta financiación:

  • Business angels: son inversores individuais con grandes coñecementos técnicos e cunha alta capacidade de inversión, onde aportan cartos, coñecementos e contactos impulsando pequenos proxectos obtendo unha rendibilidade a medio prazo.
  • Microcréditos: é un pequeno préstamo destinado a persoas con poucos recursos ou proxectos sociais sen acceso á financiación tradicional, coa finalidade de loita contra a exclusión sociolaboral e financieira axudando ás persoas a crear un pequeno negocio.
  • Bonos verdes: son produtos financeiros con rendibilidade, vencemento e cualificación de risco coa diferenza de que os cartos deben empregarse para proxectos sostibles. Para a súa obtención, o produto ten que ter un impacto positivo e demostrable no medioambiente.
  • Crowdfounding: modifícase a forma de entender a financiación. En vez de pedir unha alta cantidade de cartos a un gran inversor, pídense pequenas cantidades a moitas persoas obtendo unha compensación proporcional á inversión. Unha das empresas máis coñecidas neste tipo de financiación é Verkami e Lanzanos.
  • A banca ética: é o conxunto de entidades financeiras que teñen ofertas de servizos que non están condicionadas soamente ao criterio de rendibilidade-risco; os seus servizos baséanse en principios de cooperación e sostibilidade e son responsables xestionando o diñeiro dos seus clientes. Fomentan unha economía real priorizando o comercio xusto e intentando favorecer beneficios medioambientais.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *