A Federación de Lugo participa na xestión de distintas actividades propias da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade e que se levan a cabo na Provincia de Lugo, como unha forma evidente de Coordinación do Movemento Asociativo de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia.
O programa de Fomento da Autonomía persoal conta con varias actividades de apoio individual e actividades grupais encamiñadas a manter e fomentar as habilidades e capacidades de cada beneficiaria/o de cara ó seu desenvolvemento cotiá autónomo e a compensar na medida do posible as dificultades de desempeño que se detectan.
Beneficiarios/as
O programa dirixese a Poboación en xeral, sen límite de idade.
Dentro deste apartado a Federación apoia e colabora nas distintas actividades de carácter formativo, que leva a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.
A Formación que se imparte podemos clasificala da seguinte maneira.
FORMACIÓN OCUPACIONAL DO PLAN AFD:
Formación que ten como finalidade mellorar as condicións de emprego das persoas con discapacidade, mediante a cualificación profesional acorde o seu perfil e características.
Contamos con especialidades homologadas, financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. nas que participan 15 alumnos por especialidade.
OUTRA FORMACIÓN:
Inclúense dentro deste apartado todos aqueles cursos de Formación, adaptados ás características das zonas, tendo en conta entre outros factores o tecido empresarial e as ofertas de emprego máis usuais. Poderíase chamar Formación á Medida.
Tamén engadimos aqueles licitados pola administración local e xestionados por Cogami.
Tamén incluímos cursos destinados a fomenta-la busca activa de emprego, o autoemprego e aqueles destinados a fomenta-la igualdade de oportunidades.
Estes cursos están subvencionados por distintos organismos.
O Servizo de Intermediación Laboral de Cogami, conta cunha Oficina no Centro de Lugo, desde a creación do Servizo Galego, este servizo de Cogami é Centro Colaborador específico e especializado en persoas con discapacidade.
O S.I.L Ofrece ás persoas con discapacidade (Apoio na búsqueda de emprego):
O S.I.L Ofrece ás Empresas:
O obxectivo do S.I.L. é facilita-la incorporación ó mercado laboral das persoas con discapacidade.