A Federación ten como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación e coordinación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
A Federación ten como visión un movemento asociativo consolidado e amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso e liderado nas metodoloxías de traballo e na búsqueda da excelencia nas actuacións dirixidas o grupo social de persoas con discapacidade.
COGAMI LUGO defínese como unha entidade que carece expresamente de animo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental, de carácter voluntario, e poderá solicita-la súa declaración de utilidade pública.
A Federación basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:
Os valores que a Cogami Lugo propugna son a consideración das persoas con discapacidade como suxeitos titulares de dereitos e deberes, a calidade na actuación das entidades, a eficacia e a eficiencia, a mellora continua, o compromiso polo conxunto do grupo de persoas con discapacidade.