A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo “COGAMI LUGO”, constitúese o 30 de novembro do ano 1996, pola vontade de cinco asociacións da provincia de Lugo que perseguen obxectivos comúns, e coa intención de unir sinerxias que repercutan nunha mellor resposta ás necesidades das persoas con discapacidade da Provincia de Lugo.

A Federación, atópase inscrita nos seguintes Rexistros:

Rexistro Provincial de asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, desde o 22 de abril de 1997, co Nº 13.

Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, da Consellería de Asuntos Sociais, desde o 23 de setembro de 1997, co Nº S-1016.

Rexistro Municipal de Asociacións do Excmo. Concello de Lugo mediante Decreto 026/2000, desde o 24 de marzo de 2000, co Nº 78.

Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monterroso mediante Resolución da Alcaldía de 21 de xaneiro de 2020, co Nº 039

Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria do Servizo Galego de Voluntariado da Consellería de Asuntos Sociais, desde o 27 de setembro de 2002, co Nº O-146.

Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) co Nº E-1016