Convocar e presidir as reunións da Asemblea Xeral, da Xunta Directiva.
Nomear a calquera persoa como Asesor, que serán ratificados pola Xunta Directiva, e de asignarlle as tarefas axeitadas e coa obriga de informar á Xunta Directiva, das recomendacións e informes deses asesores. As resolucións de calquera asesor non son vinculantes en ningún caso.
Permitir ou non, a presencia de invitados nas reunións da Xunta Directiva e nas Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias
Ordenar os pagos con cargo ós fondos da Federación. Leva a sinatura social conxuntamente co Secretario ou o Tesoureiro
A retirada dos fondos da Federación depositados en entidades bancarias para o que precisará a sinatura do Secretario ou do Tesoureiro.
Autorizar coa súa sinatura as actas das reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
Velar pola execución dos acordos adoptados na Asemblea Xeral e na Xunta Directiva.
Subscribir contratos en nome da Federación, outorgar poderes a terceiros, exercitar accións e opor excepcións ante os órganos da xurisdición ordinaria e especial, aceptar doazóns, legados e herdanzas, aceptar endosos, recibir subvencións e realizar calquera outro acto equivalente de interese ós fins da Federación.
Coidar do debido cumprimento dos Estatutos, dos fins e principios da Federación.
Calquera outro de interese para a execución dos Estatutos.
2. Vicepresidencia
Nome:Manuel Barreiro Conde
Funcións:
O vicepresidente substituirá temporalmente ao presidente nos casos de ausencia ou enfermidade.
Así mesmo poderá asumir todas aquelas funcións do Presidente que este delegue expresamente nel.
No caso de substitución definitiva, esta sería ós efectos tan só de convocatoria de novas eleccións; establecida para un período de tres meses.
3. Secretaria
Nome:Mónica Álvarez San Primitivo.
Funcións:
Custodiar os libros, documentos e selo da Federación, excepto os libros de contabilidade.
Leva-lo libro de rexistro de Socios.
Redacta-las actas das Asembleas Xerais e da Xunta Directiva.
Librar certificacións con referencia ós Libros e documentos da Federación co visto e prace do Presidente.
Constituír e retira-los depósitos, abrir contas e retira-los fondos, sendo necesario a sinatura do Presidente.
Prepara-los puntos que teñen que tratarse nas Asembleas Xerais, enviaranse as Actas e a Orde do Día con quince días de antelación como mínimo.
Responsabilizarse, xunto co Presidente, do debido cumprimento dos Estatutos e dos fins e principios da Federación .
A organización dos servicios técnicos da Federación.
Impulso e control do funcionamento da Federación
A representación xurídica ante todo tipo de instancias públicas e privadas, e de carácter administrativo e xudicial, por delegación do Presidente
Responsabilizarase de arquivos, ficheiros, así como do bo funcionamento das tarefas administrativas, en xeral, da Federación.
4. Tesoureiro
Nome:Isaac Rodríguez González
Funcións:
Custodiar levar os libros de Contabilidade.
Comunicar inmediatamente á Xunta Directiva o incumprimento ou irregularidades que se poidan producir nos cobros, pagamentos e, en xeral, na xestión económica da Federación.
Custodia-los fondos da Federación, respondendo das cantidades das que se fixera cargo, conservando na caixa os fondos que a Xunta Directiva estime necesarios para o normal desenvolvemento da Federación. Para dispor dos fondos da Federación, necesitará da sinatura do Presidente.
Farase cargo das cantidades que se ingresen na Federación, arquivando os libramentos que se fagan efectivos cos seus xustificantes.
Constituír e retira-los depósitos, abrir contas e retira-los fondos, sendo necesario a sinatura do Presidente.
Elaborará os presupostos anuais e fará previsións de futuro.
Cobrará as cotas dos socios.
Solicitará as subvencións oficiais, públicas ou non, que se acorden periodicamente.
5. Vogais
Funcións:
Participación nas reunións de Xunta Directivas.
Participación nas votacións de toma de decisión que teñan lugar na Xunta Directiva.