O presente Programa pretende desenvolver un programa de información e asesoramento xunto cunha intervención social na cidade de Lugo.
En canto o apartado de INFORMACIÓN E ASESORAMENTO, tratarase de dar unha información especializada en materia de discapacidade, dando resposta as diferentes consultas que durante o ano se vaian recibindo na Federación e relacionadas coas distintas temáticas:
No referente a Intervención derivada deste servizo tratarase de prestar apoio social e familiar e naqueles casos nos que sexa necesario farase a derivación ós recursos tanto públicos coma privados, potenciando principalmente os xa existentes na comunidade.
Informar, orientar e asesorar sobre os recursos existentes.
Prestar información e asesoramento especializado en materia de discapacidade.
Difundir e dar a coñecer os dereitos das persoas con discapacidade.
Promover actitudes sociais positivas cara á discapacidade
Orientar na búsqueda de recursos ou servizos para mellorar a súa calidade de vida.
Avaliar o ámbito sociofamiliar das persoas con discapacidade.
Orientar e intervir para a superación de dificultades persoais e familiares.
Establecer un sistema de coordinación con outros servizos públicos e privados.
Persoas con discapacidade de Lugo, ás familias, outras entidades públicas ou privadas e profesionais directamente implicados relacionados coa discapacidade.