Prevención de  Lesións Medulares

Seguindo coa labor comezada no ano 2003, a campaña de prevención de lesións medulares desenvolveuse ao longo de todo o ano en distintos puntos da Provincia de Lugo.

Descrición das accións realizadas:

  • Selección e contacto cos centros onde impartir as charlas de prevención.
  • Implementación das charlas informativas.
  • Explicación de que é unha lesión medular e presentación das principais causas de lesións medulares en Galicia.
  • Problemática coa que se poden atopar no caso de sufrir unha lesión medular, facendo fincapé sobre todo nas barreiras arquitectónicas e sociais.

        Concienciación e Normalización Da

                              Discapacidade

Charlas, en diversos ámbitos, sobre a concienciación e a normalización da discapacidade.