POLA AUTO XESTIÓN E A

AUTONOMÍA PERSOAL

Redes sociais

Facebook

 
 
Rede social creada para manter en contacto a persoas e que estas poidan compartir información, noticias e contidos audiovisuais cos seus contactos. A súa función principal é conectar usuarios, poñer en contacto a persoas para que compartan información sobre elas mesmas, os seus gustos, as súas experiencias, o seu día a día…

YouTube

 
 
Principal rede social na que se poden ver e compartir todo tipo de vídeos. Podes disfrutar dos videos e da música que máis che gusta , subir contido orixinal e compartilo con todo o mundo.

WhatsApp

 
 
Aplicación usada sobre todo a través do teléfono móbil, que permite enviar e recibir mensaxes de forma instantánea e gratuíta (só ao instalala pagas algo menos de 1€). Tamén permite compartir audios, vídeos e fotos. Hoxe en día é unha das aplicacións máis coñecidas e utilizadas para o intercambio de mensaxes, substituíndo xa case por completo aos SMS

Telegram

 
 
Aplicación enfocada ao envío de mensaxería instantánea, imaxes, documentos e comunicación en masa. Conta cunha gran diferenza respecto a WhatsApp, e é que non está ligada a ningunha grande compañía, e á hora de comunicarnos é moito máis segura. Pode usarse tanto no móbil coma no ordenador.

X

 
 
Plataforma social coa que podes compartir información de diverso tipo, de forma rápida, sinxela e gratuíta, a través de mensaxes cortos chamados tweets. É moi rápido de ler e de escribir

Instagram

 
 
Rede social que permite aos usuarios subir imaxes e vídeos con múltiples efectos como filtros, marcos e cores para compartir cos teus seguidores. Hoxe en día, é unha das redes sociais que máis medra

Pinterest

 
 
Plataforma que permite aos usuarios crear e administrar coleccións de imaxes como eventos, intereses, afeccións…

TikTok

 
 
Rede social onde os usuarios comparten videos de máximo un minuto con filtros de son. A súa principal característica é o performance cos audios, xa que o contido pretende ser entretido, gracioso ou emotivo

LinkedIn

 
 
Linkedin é unha rede social orientada ao uso empresarial, aos negocios e ao emprego. Cada usuario no seu perfil, e de forma libre, informa sobre a súa experiencia laboral e destrezas. A web pon así en contacto a millóns de empresas e empregados

Skype

 
 
Rede social que che permite comunicarte a través de chamadas e vídeochamadas con persoas tanto do teu entorno persoal coma laboral. É unha ferramenta moi usada tamén por empresas para facer vídeo conferencias, mandar mensaxes instantáneos e compartir documentación
 

Centros de convivencia e dinamización social

Centros e servizos

 
 
Listado de centros de convivencia e de centros de dinamización social que hai na cidade de Lugo. Son espazos para todos os cidadáns, onde se levan a cabo, entre outras cousas, actividades de animación sociocultural. Pinchando sobre cada un deles, atopamos información da súa labor, e a súa dirección. Podes ver cal é o centro que che corresponde segundo o teu lugar de residencia na seguinte direción web: http://concellodelugo.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2015/08/rueiro_agosto_2015_0.pdf

Centros e servizos

 

Enlace que nos leva ás páxina amarelas. Hai un listado con todos os centros socias que se poden atopar en toda a provincia de Lugo, dende a Mariña ata as Terras de Lemos. Pinchando sobre cada municipio atopas información de cada un deles