Canle de información do SERGAS que nace para asesorar a nais e pais na crianza de nenos e nenas de tódalas idades na procura do benestar de toda a familia. A través da súa web tamén podes atopar ligazóns de interese como distintos recursos médicos, teléfonos de interese, emerxencias sanitarias etc…
Convenio entre a Consellería de Sanidade, o SERGAS e os establecementos ópticos. As ópticas que se adhirán ao convenio poderán enviar o resultado das probas e resultados que realices nelas directamente ao teu historial clínico. Isto fará que o proceso sexa máis áxil. Podes consultar os establecementos adheridos na mesma páxina web. A partires dos 5 anos.
Organismo que ten como obxectivo acadar pra todos o máximo grao de saúde, definida na súa constitución como un estado de completo benestar físico, mental e social. Na súa páxina podes acceder a todo tipo de información sobre saúde.
Está dispoñible en varios idiomas, entre eles o español.