POLA AUTO XESTIÓN E A

AUTONOMÍA PERSOAL

Compras

Facer compras por intenet. Enlaces de supermercados, farmacias, ortopedias….

EROSKI

 

Páxina do Eroski, onde podes realizar a túa compra online, e ver as ofertas diarias. Dispón de envío a domicilio de luns a venres (cos seus costes correspondentes) ou recollida na mesma tenda. Se queremos mercar hai que mirar primeiro se os da nosa zona ofrecen este servizo

MERCADONA

 

Páxina do Mercadona, onde podes realizar a túa compra online, e ver as ofertas diarias. Dispón de envío a domicilio, de luns a sábado, ou recollida na mesma tenda (cos seus costes correspondentes).

GADIS

 

Páxina do noso supermercado galego, Gadis. Podes realizar a túa compra online, e ver as ofertas diarias. Conta con produtos da nosa terra. Dispón de envío a domicilio (ao día seguinte de facer a túa compra online e poden facerse con 7 días de antelación) e de recollida na mesma tenda. Se queremos mercar hai que mirar primeiro se os da nosa zona ofrecen este servizo

DIA

 

Páxina do Día, dende onde podes os produtos e as ofertas que hai, e tamén dispón de servicio a domicilio de luns a sábado, e recollida en tenda. Recibes unha mensaxe ao móbil uns 20 minutos antes de recibir a compra. En Galicia, de momento so temos esa opción en Vigo-Pontevedra, inda que están ampliando máis tendas. Se queremos mercar hai que mirar primeiro se os da nosa zona ofrecen este servizo

CARREFOUR

 

Páxina do Carrefour, onde podes atopar os produtos e as ofertas diarias. É un dos supermercados que dispón de máis produtos en oferta e que teñen mellor relación en calidade-prezo. Dispón tamén de envío a domicilio, e de recollida en tenda. Se queremos mercar hai que mirar primeiro se os da nosa zona ofrecen este servizo

Farmacia e parafarmacia MIFARMA

 

Farmacia online e parafarmacia, onde podes ver o seu catálogo de produtos e atopar as mellores ofertas e promocións en: cosmética online, herbario, hixiene e saúde. Dispón de servizo de entrega a domicilio

Farmacia e parafarmacia Labandeira

 

Farmacia Lavandeira, en Lugo. Nesta páxina podes ver todos os seus produtos, e dispón ademais, dun servizo de compra online onde podes comprar os teus medicamentos e que chos leven á casa

Farmacia e parafarmacia DOSFARMA

 

Farmacia online e parafarmacia, onde podes ver todo o seu catálogo de produtos e tódalas ofertas e cupóns. Dispón de servizo de entrega a domicilio, e de servicio urxente

Ortopedia Movernos

 

Portal web de ortopedia na casa. Cun so clic podes acceder aos produtos que se ofertan e ter a posibilidade de envío a domicilio. Tamén ofrece información sobre como tramitar o certificado de discapacidade paso a paso

Xestions bancarias

ABANCA

 

Servizo de banca electrónica de ABANCA a distancia, para que poidas facer calquera operación dende a casa. Dentro da túa conta atoparás información sobre saldo, últimos movementos…

BBVA

 

BBVA ofrece servizo de banca electrónica, sen necesidade de desprazarte ata o banco, ademais de ter toda a información sobre a túa conta

Banco SANTANDER

 

Banco SANTANDER dispón de servizo de banca electrónica para poder facer xestións dende a casa, e ao mesmo tempo manternos informados sobre as nosas contas

Banco SABADELL

 

Banco SABADELL dispón de banca electrónica para calquera xestión e operación a distancia, ademais de manternos informados sobre as últimas novidades das nosas contas

Caixa Rural Galega

 

CAIXA RURAL dispón de servizo de banca electrónica (ruralvia) a través do cal podes manexar a túa conta e facer todo tipo de xestións a distancia

Recursos e tramites

FUNGA

 

Fundación Galega para a Tutela de Adultos, é unha entidade pública para a atención social e xurídica de persoas con capacidade de obrar modificada xudicialmente, e a quenes os xuices atribúen á Xunta de Galicia a súa protección mediante as figuras de tutela, curatela, defensa xudicial ou administración de bens

CERMI

 

Comité Español de representantes de persoas con discapacidade: plataforma de representación, defensa e acción das persoas con discapacidade

CEMUDIS

 

Confederación estatal de mulleres con discapacidade. Asociación que xorde co obxectivo de visibilizar, reivindicar e actuar en defensa dos dereitos de mulleres e nenas con discapacidade, denunciando as discriminacións do colectivo.

IMSERSO

 

Páxina oficial do IMSERSO (Instituto de Maiores e Servizos Sociais). Dispón de información sobre: centros, autonomía e dependencia persoal, centros de recuperación de persoas con discapacidade física (CRMF), documentación de interese sobre a discapacidade, leis…

Recursos e alternativas éticas

 

Páxina web que nos ofrece alternativas éticas e viables ás principais aplicacións e servizos. A lista de opcións inclúe software, teconoloxía, sitios werb, redes sociais, mensaxería, organizacións… que dan prioridade á privacidade, aos dereitos dos usuarios e á sostenibilidade.

Xestión de seguros

 

Correduría de seguros pertencente ao grupo social ONCE. Conta cun apartado de seguros para persoas con discapacidade e toda a información que queiras saber sobre eles. Estes seguros van dende seguros para cadeira de rodas ata seguros para fogar e vivenda

Inspección Técnica de Vehículos (ITV)

 

Nesta páxina é onde pides cita para a inspección técnica do teu vehículo (ITV) dentro de todo Galicia. Tamén dispón de estacións móbiles ás que se desprazan para maior comodidade das persoas. Podes ver onde están localizadas dentro da páxina. Atoparás información sobre a ITV e sobre as recomendacións para poder pasala.

Rexistro civil

 

Nesta páxina web podemos solicitar o certificado de nacemento, de matrimonio, de defunción, de vida laboral, de empadroamento, ou solicitude de tarxeta sanitaria europea. Dentro de cada comunidade autónoma, cada provincia conta co seu rexistro civil.
No caso da provincia de Lugo, a páxina web sería a seguinte: https://www.registrosciviles.org/registro-civil-de-lugo.htm

Cita previa DNI

 

Nesta páxina podemos pedir cita para renovar DNI ou Pasaporte

Carné de conducir

 

Nesta páxina podemos pedir cita para renovar o carné de conducir. Contén información sobre o custe da renovación, como podemos pagar, os medios dos que se dispón para facer a renovación…etc

Servizos no concello de Lugo

 

Aceso á carta de servizos do concello de Lugo, onde podes facer tanto trámites presenciais coma online, a través da súa sede electrónica, como por exemplo o pago de recibos

Administración de xustiza

 

A páxina da administración de xustiza ofrécenos información institucional, os servizos cos que conta, os profesionais que traballan nela e como podemos realizar diversos trámites e consultas, como pode ser o envío telemático de notificacións administrativas

Axencia tributaria

 

A axencia tributaria é a encargada da xestión, inspección e recadación dos impostos do Estado (IVA, IRPF, Imposto de sociedades, Imposto sobre a renda de NON residentes e Impostos especiais), e tamén é a encargada de recadar os impostos relacionados coa Unión Europea. Na súa páxina podemos facer diversos trámites, como pode ser a declaración da renda, a dedución de familias numerosas e persoas con discapacidade, as prestacións por maternidade e paternidade…. E dispón dunha oficina virtual

DGT

 

Dirección xeral de tráfico, onde atopamos información sobre o estado das estradas, información administrativa, consellos sobre seguridade vial…

Policía Nacional

 

Páxina oficial da Policía Nacional. Conta cunha “comisaría virtual”, onde se accede a: DNIe, Pasaporte, documentos estranxeiros, citas previas, sede electrónica… Tamén contén un espazo no que se fala sobre consellos aos cidadáns, plans de seguridade, terrorismo, colaboración cidadá…

Catastro

 

O catastro é onde están rexistrados os inmobles dunha poboación. A dirección xeral do catastro é o órgano directivo que ten a función de formación e mantemento do catastro inmobiliario así como a difusión da información catastral. Se precisas un documento pra identificar a túa casa, aquí podes atopalo.

Prestacións da seguridade social

 

Páxina oficial da seguridade social, onde se ofrece información sobre prestacións, afiliación, rexímen de traballo, pensións…

Solicitude discapacidade

 
Enlace á solicitude para o recoñecemento do grao de discapacidade e o dereito ás prestacións do sistema

Solicitude dependencia

 
Enlace á solicitude para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do sistema

Chave 365

 

Portal web no que se explica o que é Chave365, para que serve e como se usa. É unha ferramenta que permite a cidadáns maiores de idade identificarse e firmar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia. Da aceso a aplicacións como por exemplo é-saúde, unha ferramenta da do Sergas que nos permite acceder a contidos de saúde personalizados, consulta de expedientes e historial médico así como citas de atención primaria: https://esaude.sergas.es/EPACI_epaciente/#/home