Bonificación á Contratación
febrero 13, 2017
Consellos e Exemplos das Cartas de Presentación
febrero 13, 2017

Carta de Presentación

A carta de presentación é o principal instrumento de promoción xa que da un toque persoal ao Currículo (CV), e o  noso obxectivo é, en todo caso, que se interesen por nós. Pode redactarse como resposta a unha oferta de emprego (mercado aberto) ou por iniciativa propia (autocandidatura e/ou mercado oculto).

Co gallo de que se fixen en nós como posibles candidatos/as para conseguir esa primeira entrevista, debemos ter moi presente que este instrumento cumpre unha dobre función: Por unha banda, suscitar o interese de quen o recibe, para que o lea con toda a atención que merece e, por outra banda, poñer de manifesto os datos específicos do noso CV que nos fan idóneos ou idóneas para este posto e nos diferenzan das demais persoas.

Débese mostrar sobre papel branco liso e escrita a ordenador e manter unha boa presentación con amplas marxes, dobre espazo, boa letra… Ademáis, debe ir sempre asinada polo candidato que a presenta.

A carta de presentación é importante porque lle da un valor engadido ao CV á hora de atopar un emprego.

Con independencia do modelo de carta que escollas e o contido que lle deas, hai una serie de aspectos que debes ter en conta á hora de estruturala:

  • Información de contacto: debe incluír os teus datos persoais na parte superior esquerda; e os datos da empresa á quen a dirixes na marxe superior dereita, en ambos casos incluirase nome, enderezo e teléfono.
  • Data: debaixo dos teus datos persoais na marxe esquerda, inclúe a data evitando formas cortas do estilo dd/mm/aa.
  • O saúdo: diferéncianse dous tipos de saúdo. Se coñeces o teu interlocutor ou interlocutora “Estimado/a Señor/a X” que é moito máis directo; e se non o coñeces “Estimados/as Señores/as…”
  • Apertura: é a parte máis importante xa que é a que chama máis a atención do entrevistador ou entrevistadora. Neste parágrafo podes mostrar o que ti sabes da empresa.
  • Corpo: nesta parte da carta debes indicar as razóns polas que escolliches dita empresa e tamén debe incluir as túas capacidades e experiencia que esta necesita, sen repetir a información que apareza no teu CV.
  • Petición dunha entrevista: o importante é conseguir unha entrevista por iso é importante perseverar no teu interese por traballar na empresa.

Tanto a apertura como o corpo forman o contido da carta que debe ser claro, breve e directo. Evita abreviaturas e usa un ton respetuoso.

  • Despedida: Podes finalizar a túa carta utilizando as fórmulas de cortesía habituais (Reciban un cordial saúdo, atentamente…) Podes ser directo sen ser familiar. Non te esquezas de asinar. A sinatura é a única parte da carta que necesariamente será manuscrita, non esquezas poñer o teu nome completo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *