Prevención de Lesións Medulares
Seguindo coa labor comezada no ano 2003, a campaña de prevención de lesións medulares desenvolveuse ao longo de todo o ano en distintos puntos da Provincia de Lugo.
Descrición das accións realizadas:
- Selección e contacto cos centros onde impartir as charlas de prevención.
- Implementación das charlas informativas.
- Explicación de que é unha lesión medular e presentación das principais causas de lesións medulares en Galicia.
- Problemática coa que se poden atopar no caso de sufrir unha lesión medular, facendo fincapé sobre todo nas barreiras arquitectónicas e sociais.


Concienciación e Normalización Da Discapacidade
Charlas, en diversos ámbitos, sobre a concienciación e a normalización da discapacidade.