A carta de presentación é o principal instrumento de promoción xa que da un toque persoal ao Currículo (CV), e o noso obxectivo é, en todo caso, que se interesen por nós. Pode redactarse como resposta a unha oferta de emprego (mercado aberto) ou por iniciativa propia (autocandidatura e/ou mercado oculto).
Co gallo de que se fixen en nós como posibles candidatos/as para conseguir esa primeira entrevista, debemos ter moi presente que este instrumento cumpre unha dobre función: Por unha banda, suscitar o interese de quen o recibe, para que o lea con toda a atención que merece e, por outra banda, poñer de manifesto os datos específicos do noso CV que nos fan idóneos ou idóneas para este posto e nos diferenzan das demais persoas.
Débese mostrar sobre papel branco liso e escrita a ordenador e manter unha boa presentación con amplas marxes, dobre espazo, boa letra… Ademáis, debe ir sempre asinada polo candidato que a presenta.
A carta de presentación é importante porque lle da un valor engadido ao CV á hora de atopar un emprego.
Con independencia do modelo de carta que escollas e o contido que lle deas, hai una serie de aspectos que debes ter en conta á hora de estruturala:
Tanto a apertura como o corpo forman o contido da carta que debe ser claro, breve e directo. Evita abreviaturas e usa un ton respetuoso.