A entrevista persoal é a parte fundamental do proceso de búsqueda de emprego. É a nosa maior baza posto que é onde se decide se nos escollen para o posto de traballo ou temos que seguir na nosa procura.
Antes de nada deberíamos ter claro que tipo de entrevistas nos poden realizar:
Neste tipo, a persoa que entrevista fai preguntas concretas e pechadas para que as respondamos.
Neste tipo fanse poucas preguntas e déixase falar a persoa entrevistada, para que sexa ela a que nos facilite a información e leve máis o peso da entrevista, por así dicilo.
Nesta entrevista é común que se realicen preguntas de tipo directo e indirecto. É dicir, é unha mestura das dúas anteriores.
Esta entrevista non é moi común. Consiste en facer preguntas de maneira agresiva para observar como se actúa ante a presión.
Que tipos de empresas soen empregar a entrevista de persoal como método de selección?
Cando xorde un posto vacante na empresa privada abren un proceso de selección baseado na entrevista para coñecer persoalmente as persoas candidatas e valorar a súa aptitude para o posto. Esta entrevista poderá ser realizada polo Departamento de RR.HH., consultoras, ETT, etc.
Superado un primeiro proceso de selección externo, o normal é que sexa preciso realizar unha segunda ou terceira entrevista xa levada a cabo pola Dirección de RR.HH., xefatura de persoal, persoal técnico ou a directivo da empresa.
É habitual que as grandes empresas leven a cabo procesos de selección masivos, e pode haber casos nos que a empresa pública realice entrevistas persoais aínda que con menos frecuencia.
Aspectos tratados na entrevista de traballo.
A entrevista desenvólvese en varias fases:
Os temas sobre os que nos van preguntar poden ser desde datos persoais a cuestións sociais: influencias, relacións, actividades, cambios de residencia, medios socioeconómicos, oportunidades ou dificultades vividas, tempo de traballo, etc.
Posteriormente quen entrevista pasará a indagar no historial formativo realizando preguntas sobre: os estudos, proxectos futuros, motivacións, intereses, obxectivos, problemas atopados.
Para rematar pódese facer algunha pregunta sobre aficcións e intereses, tempo libre, actividades de ocio e calquera outro dato de interese para o posto.
É lícito que o persoal entrevistador formule cuestións persoais sempre e cando a persoa candidata non se sinta violentada.