GRADUADO ESCOLAR
Á hora de atopar un emprego é esencial certificar un certo grado de escolarización. O nivel máis básico que temos é o Graduado Escolar, imprescindible para a introdución no mercado laboral e para acceder a estudos superiores. Este non é máis nin menos que o nome que recibe coloquialmente o título que se expide ao rematar a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) a partir da incorporación da Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo(LOXSE).
Somos conscientes de que moitas persoas non finalizan a ESO e polo tanto, non teñen acceso a este certificado pola vía ordinaria, así que vos expoñeremos varias formas de conseguilo.
Agora que xa tes toda a información nas túas mans, deixámosche unha serie de vídeos que explican de xeito moi dinámico as diversas materias que terás que dominar.
FORMACIÓN PROFESIONAL
A formación profesional é un conxunto de accións formativas que capacitan para o exercicio dunha profesión, preparan para o acceso ao emprego e facilitan a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da vida.
Ademais da formación presencial no centro, o alumnado realiza actividades formativas en empresas. Isto é un complemento moi importante e a base da Formación Profesional.
Existen varios tipos de formación profesional; presencial, a distancia e as probas libres. En todas elas o título obtido superado o ciclo de FP ten validez académica e profesional.
Hai dous tipos de ciclos formativos:
Que hai que facer para matricularse?
Presentar no centro educativo no que queira ser admitido unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
Documentación a presentar:
Prazos:
Familias profesionais:
No seguinte enlace poderedes descargar os ficheiros que conteñen os currículos dos ciclos formativos publicados no DOG, ordenados por familia profesional.
FP DUAL:
A FP Dual é un tipo é unha mestura de formación e a experiencia profesional, sería compaxinar os estudos de formación profesional cun contrato de traballo.
Requisitos:
Documentación:
FORMACIÓN UNIVERSITARIA
Unha vez rematados os nosos estudos obrigatorios moitas e moitos de nós preguntámonos que facer a continuación. Se a túa meta son os estudos universitarios ou aínda non o tes moi claro, non te preocupes posto que nunca é tarde!
Coa Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), cámbianse algúns dos requisitos de acceso á universidade, que quedan da seguinte maneira:
Agora que xa sabemos que requisitos debemos ter para acceder á universidade, imos ver onde se atopan os diversos Campus de Galicia.
En Galicia contamos con tres Universidades divididas en 7 Campus:
Campus de Santiago e Campus de Lugo.
Campus da Coruña e Campus de Ferrol.
Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense.
Aquí tedes uns datos de contacto para máis información.
E agora que xa sabemos que requisitos hai que ter para acceder á Universidade e onde se atopan os Campus galegos, imos deixarvos unha gráfica na que se explica a nova estrutura universitaria, seguindo o modelo europeo.
Se queredes máis información deixámosvos o enlace da Comisión Interuniversitaria de Galicia onde podedes informarte dos prazos das probas de acceso, ver modelos de exame, ver as convocatorias, datas de exames, preinscrición e matrículas.