As accións formativas preferentemente dirixidas hacia as persoas en situación de desemprego (AFD) son iniciativas de cualificación por e para o emprego, ofrecendo a posibilidade de melloralo e mantelo; e ás empresas a posibilidade de ver cumpridas as súas necesidades, facilitando camiños adecuados para iso. O seu obxectivo é potenciar o capital humano e súa empregabilidade mediante a mellora das súas capacidades e competencias profesionais. Así mesmo, é necesaria unha relación entre a oferta e a demanda de cualificacións do mercado laboral, o que require anticiparse ás necesidades das empresas e ofrecer á poboación traballadora en xeral, unha formación próxima as mesmas (así vén recollido no Real Decreto 395/2007, do 23 de marzo).
Deben ser solicitadas nas Oficinas Públicas de Emprego mediante un impreso onde constarán os datos persoais do solicitante e os códigos dos cursos que desexe realizar, tamén vía telemática e, senón, a través de orientación laboral do SPEG, onde che realizarán o itinerario profesional. Son para persoas desempregadas aínda cun 25% (3 persoas) poden ser persoas ocupadas, sempre e cando non lles interfira no horario.
Información dos cursos AFD en Galicia
Divídense en tres grupos:
Ao final destes cursos realízanse prácticas en empresas coas que a entidade de formación contacta.
Na modificación da lei do 2012 establécese a posibilidade de que as entidades privadas impartan certificados de profesionalidade de forma presencial ou online, pero é a Administración Pública quen ten que controlar e supervisar tanto as entidades como a impartición dos mesmos certificados, có cal teñen que ser entidades homologadas, senón non ten validez esa formación.