Búsqueda de Emprego
febrero 13, 2017
Autocoñecemento, Autodiagnose e Autoestima
febrero 13, 2017

A Marca Persoal

Que é?

marca persoal é un concepto de desenvolvemento que consiste en considerar a determinadas persoas como unha imaxe que, ó igual que nos logotipos comerciais, debe ser elaborada, transmitida e protexida, co ánimo de diferenciarse e conseguir un maior éxito nas relacións sociais e profesionais. Xurdiu como unha técnica para a búsqueda de emprego; a marca persoal ten relación coa reputación dixital, canto maior sexa o teu prestixio ou estima nas redes, mellor considerado estarás.

Estratexias de marca persoal

Identificar os obxectivos polos que buscamos emprego, trazando un plan de acción có fin de alcanzalos da maneira máis efectiva en función dos recursos que temos dispoñibles. Non é definitiva, senón que a medida que os nosos obxectivos varían, tamén o fará a nosa estratexia, e tampouco se ciñe unicamente a Internet, porque temos que reforzar os valores cós que queremos que se identifique a nosa marca.

Hai tres pasos que debemos seguir á hora de idear a nosa estratexia:

Paso 1: Definir qué imaxe queremos mostrar ao exterior, xa que o que queremos é destacar, polo que teremos que ensinar ao noso público o que nos fai únicos.

Paso 2: Implementar o que queremos cambiar, por exemplo: adquirir capacidades que non teñamos e ampliar nas que nos cremos bos.

Paso 3: Dar a coñecer o noso perfil nos medios adecuados segundo o tipo de formación que teñamos, non é o mesmo unha contable que un cociñeiro á hora de buscar emprego.

Reputación dixital

A reputación dixital é a imaxe que ten a túa marca na rede pero non está baixo o teu control, polo que cando as persoas conversan e aportan as súas opinións fabrican una identidade e crean unha reputación. Á hora da búsqueda de emprego é mellor que teñas un perfil público sempre e cando non posúas fotografías, publicacións ou comentarios, que comprometan esa reputación.

Hai que ter en conta catro fases: Brúxula, quen és? Onde estás? etc. Estudo, manterse ao día. Imaxe, a túa marca pode estar presente en calquer lugar. Por último, limpeza, tes que estar en liña coa túa estratexia á hora de atopar emprego.

A diferenza doutros enfoques de técnicas de mellora profesional, que tenden a incidir nas características persoais, este enfoque da reputación dixital tende a promoción a través da percepción que os demais teñen de ti.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *