Os medios de comunicación:
As empresas que queren acceder a un maior número de persoas candidatas, adoitan usar cada vez máis os medios de comunicación para dar a coñecer as súas ofertas de emprego. Xeralmente son:
Portais de emprego en Internet:
Hoxe en día convertéronse nunha nova ferramenta a utilizar na procura de emprego pola súa inmediatez. Recoméndase: dispoñer dun currículum básico para podelo ir adaptando aos formatos particulares de cada sitio web e, intentar coñecer mellor a empresa que ofrece o emprego. Alguns portais de emprego son:
Prensa escrita:
Os xornais teñen ofertas de emprego sobre todo no ámbito xeográfico de influencia. Algúns exemplos de prensa galega son:
Contactos persoais
Tamén chamado “boca a boca” é unha das técnicas máis efectivas para entrar no mercado laboral. Todos os teus coñecidos (familiares, amigos, etc…) deben saber qué tipo de traballo buscas.