Busca Activa e Pasiva de Emprego
febrero 7, 2017
Traballar no Estranxeiro
febrero 9, 2017

Autocandidatura

Que é a autocandidatura?

A autocandidatura, tamén chamada candidatura espontánea, é unha técnica propia da busca activa de emprego. Coa autocandidatura anticípaste, xa que non é responder a unha oferta previa de emprego, e tratar de atopar as chamadas ofertas ocultas.Ademais así demostras o teu interese por  formar parte dunha determinada empresa ou entidade.

Previo a realizar a autocandidatura

  • Seleccionar as empresas ou entidades que se axusten ao teu obxectivo profesional.
  • Buscar información sobre as mesmas, e contactar coa persoa responsable da selección de persoal.
  • Indagar sobre aspectos como que é o que máis se valora, que necesidades ten a empresa e se estas encaixan co noso perfil.
  • Sería recomendable, realizar o chamado Elevator Pitch (discurso de ascensor) que non é máis que a redacción dun breve discurso de presentación para poder darte a coñecer á empresa, potenciando aspectos positivos da túa cualificación, experiencia e expectativas. Para saber máis clica no seguinte enlace.

 

Vías para efectuar a autocandidatura:

  • Acudir persoalmente á empresa:

En función da información recollida, podemos concertar unha cita, ou ben acudir persoalmente sempre e cando non interrompamos no funcionamento laboral cotián.

En primeiro lugar, contacta coa empresa para solicitar a entrevista e/ou  a forma de envío do teu CV. É importante que prepares o que queiras dicir e, se é posible, fai alusión ás persoas coas que tes vinculación na empresa, ou ao proxecto empresarial.

A continuación, imos dar unha serie de consellos para utilizar na conversa telefónica,  evitando no posible o uso de retrousos ou bordóns (eh…entendes?…así que …., explícome? …. está? ….pois …, etc.).

Procura non facer uso dunha  linguaxe imperativa, demostra as túas habilidades sociais.

 

Convén comunicar que vas a enviarlles o teu currículo, e comprobar que o e-mail de contacto está ben. Con posterioridade comprobaremos se chegou correctamente. Sempre que sexa posible, o teu currículo  debe ir acompañado dunha carta de presentación, breve e con linguaxe sinxela.

Agora, ofrecemos uns consellos que poden ser de utilidade:

1ºParágrafo-Captación da atención:

  • Teño interese en formar parte da súa empresa ou entidade, por (razóns)……………….

A imaxe de calidade, de eficacia, da súa marca, entidade, ou empresa  anímame a ofrecerlles a miña colaboración neste eido …2º Parágrafo-Presentación:

  • Traballei durante … anos nunha empresa do sector …
  • Polos meus estudos de … ou coa formación complementaria en ………… resultaríame atractiva a idea de traballar para vostedes

3º Parágrafo-Obxectivo da carta

  • Gustaríame ter a posibilidade de concertar unha entrevista para…
  • Aspiro a que a miña candidatura se teña en conta para posteriores procesos de selección.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *