Se estás buscando emprego, será necesario que dediques unha parte do teu tempo e enerxía a preparar esa busca; é dicir, buscar traballo e require un compromiso persoal, constancia e moita motivación.
Na busca de emprego interveñen varios factores que non podemos controlar (a limitación das ofertas, a situación do mercado ou a sorte) e outros que controlamos (formación profesional, habilidades e destrezas, aptitudes e gañas de traballar).
É necesario que te fagas unha serie de preguntas e trates de darlles resposta. Unha vez que conclúas este apartado serás capaz de:
- Establecer un obxectivo profesional para o cal deberías elaborar unha listaxe con todos os posibles traballos aos que desexas optar baseándote en:
- Os teus intereses persoais.
- A túa experiencia, formación, competencias e habilidades.
- O mercado laboral.
- Saber que facer durante o proceso de busca de emprego:
- Canto tempo manter o teu obxectivo ou cambialo.
- Realizar outras actividades mentres tanto.
-
- Realizar un cuestionario de autoavaliación como pode ser o seguinte:
- Que podo aportar á empresa?
- Cales son os meus aspectos positivos e negativos de cara ao emprego?
- Cales son as cualidades que mellor me definen?
- Que condicións laborais son capaz de soportar e cales non?
- Estaría en disposición de traballar en calquera horario e en calquera zona?
- Teño flexibilidade e capacidade de adaptación a novas situacións?
- Sei traballar en equipo aportando ideas e escoitando aos demais?
- Se me comprometo con algo chego ata o final?
- Cales son as barreiras que me impiden desenvolver un emprego e dependen de min? Como podo melloralas?
Outro método que podes empregar para o teu autocoñecemento é a análise DAFO. Axúdache a identificar as posibles dificultades e oportunidades, tanto a nivel individual como externas a ti. Neste enlace atoparás unha guía de como elaborar a túa análise DAFO