Existen diferentes tipos de contratos que están adaptados segundo as túas características, tanto os teus estudios, se tes ou non recoñecida unha discapacidade, a duración de contrato…
Neste enlace , poderás buscar o tipo de contrato que che ofrecen as persoas que te poden contratar ou o tipo de contrato que cres que se adapta mellor as túas necesidades.
A páxina divide os tipos de contratos en 4 tipos xerais:
- Os contratos indefinidos, que non teñen unha duración determinada.
- Os contratos temporais, que sí que teñen unha duración definida.
- Contratos de formación e aprendizaxe, orientado a persoas que queren formarse nun determinado emprego, sen necesidade de ter unha formación previa.
- Contratos en prácticas, que como principal diferenza co de formación e aprendizaxe e que aquí si precisas ter unha formación previa.
CONSELLOS A TER EN CONTA NO TEU PRIMEIRO TRABALLO
- O primeiro consello, e o máis importante, é ler detidamente o contrato (se é preciso varias veces). Non te apures, xa que nese contrato verás reflectidas todas as condicións que terás, incluído o soldo, as vacacións, as pagas as que tes dereito, os teus deberes, etc. É por iso, que é tan importante que non te deixes enganar.
- O contrato ten que facer referencia a un convenio colectivo de acordo ao ámbito que exerzas, no que virán reflectidos unha serie de dereitos e características do teu posto de traballo, senón que te rexirás polo Estatuto dos Traballadores.
- O seguinte consello, sería gardar o contrato nun lugar que saibas onde está, recorda que é un documento no cal aparecen todos os teus dereitos e non sabes cando o vas necesitar, tanto para solicitar subvencións, axudas, alugueres de vivendas, ou ante posibles xuízos por posibles incumprimentos do empresariado etc…
- Mensualmente o empresariado irache dando as nóminas que correspondan para que as asines, antes de asinalas tes que revisalas e comprobar que o empresariado cumpra o acordado.
- Recorda que o empresario está obrigado a pagarche a nómina antes do día 5 (soe ser entre o día 1 e o día 5) e en caso de que non esteas conforme coa nómina, podes asinar non conforme.
- Se se incumpren os salarios (ou outras cláusulas do contrato) sempre tes a posibilidade de demandar, pero so ten carácter retroactivo ata un ano para atrás no referido ao salario, non máis, é dicir, que como moito devolveranche o que che deben co tope de un ano como máximo, se che deben máis dun ano non cho devolverán.
- Garda as nóminas, xa que che serán de tanta utilidade coma o contrato, e serán útiles á hora de facer a túa primeira declaración de facenda.
- No caso de que queiras denunciar algún incumprimento do contrato poderás facelo de xeito anónimo, ante un representante sindical ou na inspección de traballo. Nas empresas existen delegados sindicais, sindicatos e outros tipos de recursos como a inspección de traballo que te poderán asesorar ou guiar ante calqueira dúbida que teñas.
- Cando o traballador se dá de baixa voluntaria na empresa non ten dereito a percibir ningún tipo de prestación, aínda que teña cotizacións suficientes.
- O finiquito é o procedemento que indica as cantidades que lle corresponde pagar a empresa no momento que remate a relación laboral, nos términos de baixa voluntaria, despido e remate do contrato. O finiquito basicamente inclúe o salario dos días traballados ao longo do mes, a parte proporcional das pagas extras e os días de vacacións.
No seguinte enlace poderás calcular o teu finiquito.