Consellos e Exemplos das Cartas de Presentación
febrero 13, 2017
Mercado Laboral por Sectores
febrero 13, 2017

FP Desempregadas: AFD

As accións formativas preferentemente dirixidas hacia as persoas en situación de desemprego (AFD) son iniciativas de cualificación por e para o emprego, ofrecendo a posibilidade de melloralo e mantelo; e ás empresas a posibilidade de ver cumpridas as súas necesidades, facilitando camiños adecuados para iso. O seu obxectivo é potenciar o capital humano e  súa empregabilidade mediante a mellora das súas capacidades e competencias profesionais. Así mesmo, é necesaria unha relación entre a oferta e a demanda de cualificacións do mercado laboral, o que require anticiparse ás necesidades das empresas e ofrecer á poboación traballadora en xeral, unha formación próxima as mesmas (así vén recollido no Real Decreto 395/2007, do 23 de marzo).

Deben ser solicitadas nas Oficinas Públicas de Emprego mediante un impreso onde constarán os datos persoais do solicitante e os códigos dos cursos que desexe realizar,  tamén vía telemática e, senón, a través de orientación laboral do SPEG, onde che realizarán o itinerario profesional. Son para persoas desempregadas aínda cun 25% (3 persoas) poden ser persoas ocupadas, sempre e cando non lles interfira no horario.

Información dos cursos AFD en Galicia

Divídense en tres grupos:

  • Nivel 1: Para persoas sen estudos ou coas competencias clave correspondentes.
  • Nivel 2: Para persoas coa E.S.O. e equivalentes (competencias clave 2 e 3)
  • Nivel 3: Para persoas co BAC e equivalentes (FP, COU, estudos universitarios, etc.).

Ao final destes cursos realízanse prácticas en empresas coas que a entidade de formación contacta.

Na modificación da lei do 2012 establécese a posibilidade de que as entidades privadas impartan certificados de profesionalidade de forma presencial ou online, pero é a Administración Pública quen ten que controlar e supervisar tanto as entidades como a impartición dos mesmos certificados, có cal teñen que ser entidades homologadas, senón non ten validez esa formación.

Entidades acreditadas en Lugo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *