Cando falamos de dispacidade é importante ter claro dito concepto para comprendelo mellor e favorecer a inclusión e inserción sociolaboral das persoas con discapacidade. Seguindo o Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das personas con discapacidade e da súa inclusión social: “as personas con discapacidade conforman un grupo vulnerable e numeroso ao que o modo no que se estructura e funciona a sociedade mantívose habitualmente en coñecidas condicións de exclusión. Este feito comportou a restricción dos seus dereitos básicos e liberdades condicionando ou obstaculizando o seu desarrollo persoal, así como o desfrute dos recursos e servizos dispoñibles para toda a poboación e a posibilidade de contribuir coas súas capacidades ao progreso da sociedade”.
Para chegar a unha verdadeira inclusión sociolaboral, un factor de enorme importancia é a formación. Case o 70% de persoas con discapacidade indican algún tipo de barreira para acceder á formación (falta de oportunidades, enfermidade ou problemas de saúde crónicos, limitacións nas actividades básicas), existe maior taxa de abandono escolar, un 43% fronte ao 25% das persoas sen discapacidade, o 30% das persoas con discapacidade posúe estudos básicos e menos do 6% ten estudos universitarios, entre outros datos. Por iso convértese nun elemento chave ao que todos e todas deberían ter acceso, co gallo de que as persoas con discapacidade poidan optar a ocupacións de mellor cualificación ao mesmo tempo que elimine as barreiras de acceso a postos de dirección ou de responsabilidade dentro das empresas. COGAMI conta cun programa de formación que está adaptado ás necesidades das persoas con discapacidade, tendo por finalidade a dotación de competencias para capacitar o seu desarrollo profesional. Cada vez que se imparte un curso dende COGAMI tense en conta as necesidades da persoa e tamén as demandas do tecido empresarial da zona, xa que o obxectivo final de esta formación é lograr a inserción laboral das personas con discapacidade.
Actualmente, a poboación mundial con discapacidade é de máis de 1.000 millóns de persoas, o 15% da poboación mundial, segundo recolle o Informe mundial sobre la discapacidad realizado pola OMS e o Banco Mundial. En canto a poboación española con discapacidade, en España hai 2.813.592 persoas, o 6% da poboación total. Por último, no canto da nosa comunidade autónoma hai 125.368 persoas con discapacidade valoradas, o 4,56% da poboación galega.
En datos de poboación activa e taxa de actividade española, o 38% das persoas con discapacidade españolas son activos en 2014, incrementando en 0,6% a taxa do ano anterior, pero unha taxa inferior en 39 puntos á poboación sen discapacidade. Galicia rexistra o 26,6% de taxa de actividade, unha das menores en España, xunto con Asturias (26,8%), Andalucía (33,3%) e Canarias (33,8%).
Dende COGAMI abógase pola inclusión en pro da defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, do movemento asociativo consolidado e recoñecido, da acción transformadora para o cambio social e a satisfacción das necesidades e expectativas.
Atendendo ao concepto de valor compartido, podemos colaborar no deseño de contornas, produtos e servizos accesibles que teñan en conta as necesidades das persoas con discapacidade, como oportunidade de innovación para as empresas e de xerar maiores ingresos, aproveitando un nicho de mercado dunha dimensión importante, á vez que contribuímos á consecución da nosa misión.