Autocoñecemento, Autodiagnose e Autoestima
febrero 13, 2017
Formas Xurídicas
febrero 14, 2017

Tipos de Contrato

 

Existen diferentes tipos de contratos que están adaptados segundo as túas características, tanto os teus estudios, se tes ou non recoñecida unha discapacidade, a duración de contrato…

Neste enlace , poderás buscar o tipo de contrato que che ofrecen as persoas que te poden contratar ou o tipo de contrato que cres que se adapta mellor as túas necesidades.

A páxina divide os tipos de contratos en 4 tipos xerais:

  • Os contratos indefinidos, que non teñen unha duración determinada.
  • Os contratos temporais, que sí que teñen unha duración definida.
  • Contratos de formación e aprendizaxe, orientado a persoas que queren formarse nun determinado emprego, sen necesidade de ter unha formación previa.
  • Contratos en prácticas, que como principal diferenza co de formación e aprendizaxe e que aquí si precisas ter unha formación previa.

CONSELLOS A TER EN CONTA NO TEU PRIMEIRO TRABALLO

  • O primeiro consello, e o máis importante, é ler detidamente o contrato (se é preciso varias veces). Non te apures, xa que nese contrato verás reflectidas todas as condicións que terás, incluído o soldo, as vacacións, as pagas as que tes dereito, os teus deberes, etc. É por iso, que é tan importante que non te deixes enganar.
  • O contrato ten que facer referencia a un convenio colectivo de acordo ao ámbito que exerzas, no que virán reflectidos unha serie de dereitos e características do teu posto de traballo, senón que te rexirás polo Estatuto dos Traballadores.
  • O seguinte consello, sería gardar o contrato nun lugar que saibas onde está, recorda que é un documento no cal aparecen todos os teus dereitos e non sabes cando o vas necesitar, tanto para solicitar subvencións, axudas, alugueres de vivendas, ou ante posibles xuízos por posibles incumprimentos do empresariado etc…
  • Mensualmente o empresariado irache dando as nóminas que correspondan para que as asines, antes de asinalas tes que revisalas e comprobar que o empresariado cumpra o acordado.
  • Recorda que o empresario está obrigado a pagarche a nómina antes do día 5 (soe ser entre o día 1 e o día 5) e en caso de que non esteas conforme coa nómina, podes asinar non conforme.
  • Se se incumpren os salarios (ou outras cláusulas do contrato) sempre tes a posibilidade de demandar, pero so ten carácter retroactivo ata un ano para atrás no referido ao salario, non máis, é dicir, que como moito devolveranche o que che deben co tope de un ano como máximo, se che deben máis dun ano non cho devolverán.
  • Garda as nóminas, xa que che serán de tanta utilidade coma o contrato, e serán útiles á hora de facer a túa primeira declaración de facenda.
  • No caso de que queiras denunciar algún incumprimento do contrato poderás facelo de xeito anónimo, ante un representante sindical ou na inspección de traballo. Nas empresas existen delegados sindicais, sindicatos e outros tipos de recursos como a inspección de traballo que te poderán asesorar  ou guiar ante calqueira dúbida que teñas.
  • Cando o traballador se dá de baixa voluntaria na empresa non ten dereito a percibir ningún tipo de prestación, aínda que teña cotizacións suficientes.
  • O finiquito é o procedemento que indica as cantidades que lle corresponde pagar a empresa no momento que remate a relación laboral, nos términos de baixa voluntaria, despido e remate do contrato. O finiquito basicamente inclúe o salario dos días traballados ao longo do mes, a parte proporcional das pagas extras e os días de vacacións.

No seguinte enlace poderás calcular o teu finiquito.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *