Antes de crear un negocio é preciso coñecer o tipo de empresa que máis se pode axustar ao que ti queres facer. Por iso, definiremos a continuación as formas máis comúns que existen na actualidade:
Empresario ou empresaria individual (autónomo/a):
É unha persoa física que realiza de forma habitual, persoal, e por conta propia, unha actividade profesional con ou sen traballadores ao seu cargo.
Sociedade de responsabilidade limitada:
Sociedade na que o capital social estará dividido en participacións sociais, que están formadas polas aportacións de todos os socios e socias.
Comunidade de bens:
Constitúese cando a propiedade dun ben ou dereito que non se pode dividir pertence a varias persoas e forma parte dunha actividade empresarial realizada en común.
Sociedade cooperativa:
Formada por persoas que se asocian coa finalidade do ben común, podendo os seus membros libremente formar parte a través do seu traballo ou aportando capital, para realizar actividades empresariais de xeito democrático.
Sociedade Colectiva:
Sociedade mercantil na que todos os socios e socias se comprometen a participar na proporción que establezan, respondendo de xeito persoal polas débedas dos demais.
Sociedade anónima:
Sociedade na cal o capital está dividido en accións, integrado polas aportacións dos socios e socias, os cales non responden persoalmente das débedas sociais.
A maiores destas empresas, no seguinte enlace poderás atopar máis de información sobre as mesmas (como crealas, documentos que precisas, onde entregalos, requisitos etc…) e o resto das empresas que existen na actualidade: