Autocandidatura
febrero 7, 2017
Inserción Laboral das Persoas con Discapacidade
febrero 9, 2017

Traballar no Estranxeiro

 

Os perfís profesionais cada día son máis extensos e non sempre conseguimos atopar traballo na nosa terra. É xusto nese momento cando asumimos unha costume que xa nos é moi coñecida aos galegos: buscar traballo no estranxeiro.

Moitas e moitos tiramos de persoas coñecidas que xa estiveron nesta situación antes e seguimos os seus consellos, mais esta información pódesenos quedar algo escasa. Para que a vosa viaxe cara a aventura exterior sexa máis segura, ímosvos deixar unha serie de páxinas que ofrecen gran axuda neste eido. Hai cantidade información que precisamos saber e que dependerá do país ao que nos dirixamos, tales como lexislación, mercado laboral, permisos de traballo, aloxamento e información sobre a vida e o traballo.

En primeiro lugar temos a  REDE EURES, que é o Portal Europeo de Mobilidade Profesional. Nesta páxina temos toda a información, asesoramento e condicións que precisamos saber sobre mobilidade a nivel Europa. Podes rexistrar o teu CV –que ten que estar en formato Europass- e na mesma páxina hai un apartado para a procura de emprego. Tamén están presentes na maioría de redes sociais, tales como Facebook, Twitter, Linkedin, YouTube ou mesmo Google+.

Outra páxina fundamental é EURODESK, que é un servizo de información sobre programas dirixidos á mocidade que queren información sobre os programas levados a cabo pola Unión Europea sobre todo no referente a educación, formación e voluntariado. Ofrece tanto formación, como un programa de Voluntariado Europeo, ademais dunha guía sobre documentación, normativas e formularios que nos poden ser de moita axuda. Como sucedía coa Rede Eures, tamén atopamos esta plataforma nas principais redes sociais.

Se tedes algunha dúbida, aquí vos deixamos un listado con todos os postos, chamados Multiplicadores Cualificados, en España.

Listado de Postos Eurodesk en España

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *