Que é a autocandidatura?
A autocandidatura, tamén chamada candidatura espontánea, é unha técnica propia da busca activa de emprego. Coa autocandidatura anticípaste, xa que non é responder a unha oferta previa de emprego, e tratar de atopar as chamadas ofertas ocultas.Ademais así demostras o teu interese por formar parte dunha determinada empresa ou entidade.
Previo a realizar a autocandidatura
Vías para efectuar a autocandidatura:
En función da información recollida, podemos concertar unha cita, ou ben acudir persoalmente sempre e cando non interrompamos no funcionamento laboral cotián.
En primeiro lugar, contacta coa empresa para solicitar a entrevista e/ou a forma de envío do teu CV. É importante que prepares o que queiras dicir e, se é posible, fai alusión ás persoas coas que tes vinculación na empresa, ou ao proxecto empresarial.
A continuación, imos dar unha serie de consellos para utilizar na conversa telefónica, evitando no posible o uso de retrousos ou bordóns (eh…entendes?…así que …., explícome? …. está? ….pois …, etc.).
Procura non facer uso dunha linguaxe imperativa, demostra as túas habilidades sociais.
Convén comunicar que vas a enviarlles o teu currículo, e comprobar que o e-mail de contacto está ben. Con posterioridade comprobaremos se chegou correctamente. Sempre que sexa posible, o teu currículo debe ir acompañado dunha carta de presentación, breve e con linguaxe sinxela.
Agora, ofrecemos uns consellos que poden ser de utilidade:
1ºParágrafo-Captación da atención:
A imaxe de calidade, de eficacia, da súa marca, entidade, ou empresa anímame a ofrecerlles a miña colaboración neste eido …2º Parágrafo-Presentación:
3º Parágrafo-Obxectivo da carta