Postos máis Demandados
febrero 13, 2017
Búsqueda de Emprego
febrero 13, 2017

Nichos de Emprego

Na actualidade existen novos nichos de emprego entre os que destacan:

Industria Cultural.

A cultura é un factor vital cun gran abano de emprego. En Lugo o ano pasado naceron moitas empresas deste tipo. Aínda que só supoña un 2´7% do emprego total da comunidade, o que equivale ao 4% do PIB nacional. Actualmente, e como recoñece a Unesco, existe unha nova revolución da cultura, aludindo asemade, ás novas ferramentas tecnolóxicas que se converteron nunha oportunidade para a participación da sociedade civil, tanto na  divulgación de contidos culturais como na creación dos mesmos.

O Mundo Dixital.

Destaca o Marketing Online, o SEO e a Analítica Web, que son fundamentais nas empresas que queiran destacar. Estes traballos son realizados polos Community Managers, pero aínda non hai suficiente persoal cualificado neste ámbito.

A transformación dixital das compañías, a importancia que están ganando as habilidades, moitas veces máis valoradas que os coñecementos técnicos, e as necesidades dunha sociedade cada vez máis global son os principais factores do rumbo que está tomando o mercado laboral. Un novo escenario do que se dixo que vai acabar cun 47% dos empregos actuais de aquí a dez anos, sobre todo, pola incorporación da tecnoloxía nos postos menos cualificados. Porén, esa automatización destruirá empregos na mesma medida que os creará.

Atención Sociosanitaria e Coidado de enfermos dependentes.

Esta vía foi absorbida por man de obra de mulleres en situación de inactividade que son as que se fan cargo. Para acceder a ela é necesario un certificado profesional sociosanitario. A obligatoriedade de dispor deste certificado profesional para exercer na rama sociosanitaria converteu o sector nunha saída laboral. A axuda a domicilio e a atención a persoas da terceira idade son só algúns exemplos dos postos que, con arranxo á lei, deben ser desempeñados por profesionais acreditados. As persoas sen formación que veñen realizando estas funcións  puxéronse á faena para obter o título, pero non na súa totalidade, o que deixa un bo número de vacantes por ocupar.

Enerxía.

Un ámbito cada vez máis demandado entre o que destacan as Enerxías Renovables e todo o referente á responsabilidade social e medioambiente. O Instituto Enerxético de Galicia centra as súas actividades no estudo das fontes renovables e na optimización dos recursos enerxéticos dispoñibles en Galicia, tendo como eixos fundamentais da súa filosofía e formulación o desenvolvemento sostible, a creación de novos nichos de emprego, a garantía do subministro enerxético e a protección do contorno ambiental.

Froito deste traballo é a publicación de numerosos informes e documentos que reflicten o interese deste instituto para promover proxectos e programas que favorezan a mellora da eficiencia nas empresas, administracións e fogares galegos, así como o fomento do coñecemento e da investigación de todos os aspectos relacionados con este ámbito empresarial e industrial.

Tecnoloxía.

Xorde en substitución da construción. Actualmente os estudos deste tipo tamén son os máis solicitados. A Xunta de Galicia destaca a importancia das novas tecnoloxías como un sector sobresaínte tanto en investigación como en empregabilidade, resaltando que se trata dun nicho de emprego estratéxico, e fundamental para avanzar de cara a redución da fenda dixital.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *