Qué é o emprendemento?
Unha persoa emprendedora é aquela que organiza e opera unha ou varias empresas asumindo certo risco financieiro.
A función específica dos e das emprendedoras é a capacidade de utilizar os recursos que ten a man para producir bens ou servizos novos, tamén percibe oportunidades que outras persoas non ven ou non lles interesan.
As persoas emprendedoras usan a información que temos ao alcance de todas as persoas, para xerar novas ideas.
Para saber se tés capacidade emprendedora poderás realizar o seguinte cuestionario.
Espírito Emprendedor.
É o concepto de reunir e combinar os factores relacionados coa transformación e innovación da empresa que implica cambios dende a xeración da idea ata a súa posta en funcionamento. O obxectivo final é a rentabilidade, é dicir, obter beneficios.
O máis importante é a idea xa que moitas persoas comezan co proxecto de emprender antes de tela sequera. Actualmente a Lei de Emprendedores facilita aspectos dos trámites legais, os procesos son máis sinxelos e os custes case non existen. É moi importante que vos deixedes asesorar, é dicir, invertide un pouco de tempo e diñeiro nunha persoa experta que vos explique como crear un plan de empresa. Nunca vos rindades aínda que o negocio non funcione, dedicádelle tempo, seriedade, montade o voso espazo, a vosa imaxe corporativa, etc. Fixade os obxectivos reais e non vos estanquedes, xa que o éxito da empresa depende diso.
A continuación darémosvos algúns consellos que necesitaredes para ser bos ou boas emprendedoras:
Hai que ter en conta que aínda que posuades algunha destas características non garante o éxito dos vosos proxectos. A clave deste éxito está na toma de boas decisións, coma por exemplo: actualizar os teus coñecementos, a constancia, a fe no proxecto, etc.