As ocupacións máis demandadas.
Un estudo sinala como principais actividades en Lugo capital e na súa comarca as hosteleiras, xunto coa monitorización de actividades recreativas. No resto da provincia, destacan as actividades de venda, os traballos forestais e os condutores e condutoras de camións. Pero como curiosidade, destacan o persoal de caixa, a reactivación da construción e, como novidade na comarca, os vixías de seguridade e persoal de taller mecánico. Tamén destaca o persoal de limpeza e de coidados de persoas dependentes.