Formas Xurídicas
febrero 14, 2017
Habilidades Sociais
marzo 14, 2017

Probas de Selección

 

As probas de selección laborais son información engadida á hora da selección do persoal a maiores do currículum vitae que lle serven ao persoal entrevistador para coñecer mellor as túas habilidades, aptitudes, e coñecementos antes de contratarte e así saber  a qué posto te poderías adaptar mellor.

Existen diferentes tipos de selección á hora de contratar, dependendo da información que desexen os e as entrevistadoras saber de ti; entre os diferentes tipos de probas de selección de persoal existen:

  • Probas escritas
  • Dinámicas de grupo
  • Entrevista persoal

Probas escritas

É un tipo de proba que serve para medir os coñecementos e obter información das persoas candidatas á hora da selección de persoal dunha maneira escrita.

Os tipos de probas escritas son:

  • Test psicotécnicos
  • Probas de personalidade
  • Probas específicas

Test psicotécnicos

Son probas psicolóxicas que avalían condutas e aptitudes das persoas candidatas  comparado co resto das persoas segundo sexo, idade etc…

Divídese en dous:

Test de intelixencia: serve para medir os diferentes tipos de intelixencia dos e das candidatas.

Test de aptitudes: avalían as capacidades necesarias para realizar tarefas concretas, como a atención, memoria, aptitude numérica e verbal etc…

Probas de personalidade

Analizan a forma de ser e a maneira en que reaccionan as persoas candidatas ante diferentes situacións, como por exemplo: seguridade persoal, extroversión, independencia, sociabilidade…

Probas específicas

Utilízanse para saber o grao de coñecementos que teñen os e as candidatas sobre as materias necesarias á hora de desempeñar o traballo.

Poden ser exercicios prácticos ou tests, co obxectivo de saber se se teñen os coñecementos mínimos necesarios para desenvolverte ben no traballo.

Guía para afrontar as probas realizadas de forma escrita

Tratar de facer as probas de forma relaxada e con sinceridade.

Chegar con tempo (con 5 ou 10 minutos antes da proba chega).

Escoita moi atento as explicacións e  sígueas ó pé da letra, e se che xorde algunha dúbida, pregunta.

Non te preocupes polo tempo, adoitan dar tempo de sobra para realizar a proba.

Trata de facer antes tests de exemplo para conseguir práctica.

Se che sobrou tempo revisa as preguntas que deixaches en branco.

Erros que se deben evitar

Responder rápido e sen pensar ó contestar, e perder tempo cunha mesma pregunta se non a sabes.

Non preparar as probas. Cantos máis test fagas, mellores resultados obterás nas probas.

Intentar dar una imaxe sobre a túa personalidade que non sexa verdade, xa que ó final é algo que non podes ocultar e acabarán dándose conta de que mentiche.

Tests en liña

En Internet podes atopar diferentes páxinas web donde realizar tests de aptitudes, intelixencia e personalidade, entre as que se encontran:

Test en liña de intelixencia, aptitudes, memoria e personalidade.

Test en liña de intelixencia emocional.

Test en liña de intelixencia, personalidade…

Test sobre as actitudes con respecto ó traballo (gratuíto), e test de personalidade de Lüscher.

Páxina con información sobre diferentes test utilizados en selección de persoal.

Tests psicotécnicos variados.

Dinámica de grupos

Utilízanse para avaliar  e analizar o comportamento e a habilidade dos ou das candidatas para desenvolver actividades que se realizan en grupo.

Hai moitos tipos de probas, como por exemplo: discusión dun tema de actualidade, simulación dunha reunión de traballo… e elíxense en función do tipo de posto que a empresa desexe cubrir.

Estas son algunhas das capacidades que se avalían neste tipo de probas:

Razoamento, capacidade de mando, extraversión, expresión verbal e escrita,  traballo en equipo, iniciativa, cooperación, eficacia, creatividade, empatía etc…

Consellos para afrontar unha dinámica de grupo

Presta atención a información que che proporcionen sobre o xeito de realizar a proba e le amodo o material que che dean sobre ela.

Non cambies a túa forma de ser, xa que dá unha impresión negativa o persoal que as valora.

Faite ver a través das túas participacións, xa que o persoal avaliador valora moito a participación, aínda que non é preciso que destaques en exceso.

Tomar a iniciativa para comezar a proba

Utiliza linguaxe educada, se puntual e trata ós demais de xeito correcto, xa que é moi valorada a puntualidade, e o respecto ós demais.

Respeta as opinións dos demais e trata de ser aberto coas túas opinións, xa que eso o valoran positivamente.

Procura centrarte na tarefa.

Erros a evitar

Falar de máis, xa que non podes tratar de avasallar, antes tes que pensar que tipo de candidato ou candidata busca o persoal avaliador actuar do xeito preciso.

Pensar que o importante é o contido do que dis e non como actúas en grupo.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *