O voluntariado é aquela actividade que se realiza de maneira altruísta e solidaria poñendo a enerxía, os coñecementos e as ganas ao servizo de quen máis o necesita na comunidade sen recibir nada a cambio. É un estilo de vida que inflúe non só á persoa axudada(xa que lle cambia a vida en moitos aspectos), senón tamén á quen axuda e que comprende a importancia da entrega polos demais.
Así aparece recollido na lexislación estatal e autonómica botarlle un ollo no seguinte enlace:
Beneficios de ser voluntario ou voluntaria a nivel persoal e profesional
Participar no voluntariado é unha grande oportunidade para medrar a nivel persoal e a nivel profesional, xa sexa a nivel local ou europeo.
Facer voluntariado local é moi interesante xa que coñeces a fondo os problemas da túa comunidade e as necesidades da mesma. O voluntariado une a persoas sen importar raza, sexo ou relixión. É unha obra social na cal se dá todo a cambio de nada, pola que se benefician tanto a sociedade como as persoas en si mesmas, xa que, nos permite facer amizades, aprender novas habilidades e incluso avanzar na nosa carreira profesional.
“É moi gratificante axudar a xente que o necesita e compartir o teu tempo coas demais persoas”.
O Servizo Voluntario Europeo ofrécenos a oportunidade de aprender novos idiomas; os voluntarios e voluntarias reciben apoio lingüístico para favorecer a súa integración e coñecer mellor a cultura do lugar ao que se viaxa. Desta forma o voluntariado é a oportunidade para os e as voluntarias de poder vivir no estranxeiro coa vantaxe de ter case todos os gastos pagos.
A experiencia de aprendizaxe está recoñecida co certificado YOUTHPASS. Este certificado da comisión Europea garante que o voluntariado superou o seu proxecto satisfactoriamente, sendo unha ferramenta útil para a busca de emprego no ámbito social.
Voluntariado en COGAMI
A Rede de Voluntariado nace no ano 2001, coa finalidade de canalizar a participación da sociedade nos asuntos de interese xeral, sobre todo, en aquelas situacións que redunden na erradicación de situacións de discriminación e fomento á participación das persoas con discapacidade como voluntariado activo nas diferentes accións da entidade.
Os principios orientadores das accións voluntarias de COGAMI están na liña dos que enuncia o artigo 4 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
As accións voluntarias levadas a cabo tratan de potenciar as capacidades das persoas, fomentando a súa autonomía e independencia e a participación social. Destácanse os seguintes programas:
. Acompañamento e apoio ás persoas con discapacidade dentro e fóra do domicilio (natación terapéutica, apoio educativo …)
. Sensibilización e concienciación en temas de discapacidade.
. Formación básica e especializada en voluntariado e discapacidade.
Se queres recibir máis información ou participar como voluntario/a de COGAMI, podes dirixirte a voluntariado@cogami.es ou no teléfono 981 574 698.