Voluntariado
febrero 3, 2017
Axencias de colocación e empresas de traballo temporal
febrero 5, 2017

Formación Continua

A formación continua engloba toda actividade de aprendizaxe que se realiza ao longo da vida dunha persoa e ten por obxectivo mellorar os coñecementos, as competencias e as aptitudes dende un punto de vista persoal, social e relacionado co emprego.

Este tipo de formación axuda a manter o emprego e mellorar a empregabilidade da poboación, así como á reciclaxe profesional das persoas traballadoras. Tamén é unha maneira de actualizar coñecementos e mellorar a situación laboral. É un dereito permanente dos traballadores e traballadoras que favorece á igualdade de oportunidades e promoción persoal e profesional ante a evolución dos novos sistemas de produción e a implantación das novas tecnoloxías que afectan ao sistema laboral.

Existen dous tipos de plans formativos:

  • Sectoriais: son accións formativas dirixidas a un sector concreto. Nel débense respectar criterios e prioridades establecidos na negociación colectiva estatal.
  • Intersectoriais: son accións formativas dirixidas a competencias transversais ou competencias específicas dun sector para a reciclaxe e recalificación a outros sectores.

Estes plans, nos que se pode incluír a formación para o emprego entre Administracións Públicas, teñen como finalidade financiar a formación continua dirixida prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas que ofrezan unha formación axustada ás necesidades do mercado laboral.

Hai unha serie de centros na nosa comunidade onde se poden realizar accións formativas nas tres categorías: regrada, ocupacional e continua. Como en toda a formación para o emprego, existen centros homologados e ademais existen entidades acreditadas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego onde tamén se realizan estas actividades formativas como por exemplo:

Entidades autorizadas

Facemos referencia a unha formación bonificada que axuda ás empresas mediante reducións nas cotizacións a Seguridade Social. Neste caso a empresa pode decidir que formación precisa, como e cando se realiza incluso delegando nunha entidade organizadora.

A nivel estatal hai tamén unha fundación que axuda a promover a formación para o emprego:

Fundación estatal formación

A Formación en COGAMI:

O programa de formación desenvolto por COGAMI está adaptado ás necesidades e ás capacidades das persoas con discapacidade para adquirir as competencias que as capaciten para o seu desenvolvemento persoal e social.

Entre as accións formativas que xestionamos, destacamos:

  • Cursos AFD
  • Cursos convenio F.P./F.O., tanto presenciais como a distancia
  • Convenios de colaboración con empresas de formación
  • Concursos públicos dos seguintes organismos:

Ministerio

ONCE

Deputación

Xunta

  • Organización de cursos de especialización propios

 

Podes contactar con nós no teléfono 981 574 698 ou no correo electrónico formacion@cogami.es

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *