Formación Continua
febrero 4, 2017
Certificados de Profesionalidade
febrero 7, 2017

Axencias de colocación e empresas de traballo temporal

Existen moitos recursos de atopar traballo. Unha opción sería o uso das diferentes axencias de colocación e empresas de traballo temporal (ETT), que che resultarán moi útiles na búsqueda de emprego, e das que a continuación falaremos:

Axencias de colocación:

As axencias de colocación son empresas que colaboran co Servizo Público de Emprego poñendo en contacto (intermediación) aos traballadores e ás traballadoras coas empresas. Son entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, cuxa finalidade é proporcionar traballo ás persoas desempregadas. Median entre traballadores que buscan emprego a as empresas que llo ofrecen. As Axencias de Colocación non contratan ao traballador, simplemente o poñen en contacto coa empresa e aí termina a súa función.

Todavía existen poucas axencias de colocación en Galicia. É un tema que non está definido cun fundacionamento actual limitado, porén con vistas de futuro próximas para a súa realización.

 

Empresa de traballo temporal:

Cando unha empresa necesita cubrir un posto de traballo de forma temporal, en lugar de contratar directamente pode recurrir a unha ETT para que lle proporcione ese traballador que necesita. A ETT busca ao traballador, seleccionao e o contrata ela, para logo poñelo a disposición da empresa na que traballarán, que se denomina “empresa usuaria”.  A ETT paga ao traballador e cobra á empresa usuaria o salario do traballador máis unha porcentaxe por a súa intervención. A relación laboral existe entre o traballador e a ETT.

Nos seguintes enlaces atoparás información para poñerte en contacto coas empresas de traballo temporal:

Lugo

Ourense

Vigo

Pontevedra

Ferrol

A Coruña

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *