Preparando a Entrevista. Que teño que saber?
febrero 3, 2017
Voluntariado
febrero 3, 2017

Consellos para a Entrevista de Traballo

Agora que xa sabemos en que consiste a entrevista deixámosvos unha lista de consellos e preguntas frecuentes para que estar preparados e preparadas ao 100%. E se aínda non as tedes todas con vós, facede clic no enlace e realizade a vosa  primeira entrevista de traballo simulada.

Simulador de entrevista

Por último e a modo de resumo, unha serie de consellos xerais a ter en conta na entrevista:

  • Revisa o currículo que enviaches a esa empresa en particular para asegurarte que sabes a información que incluíches. Se queres levar documentación impresa, leva unha carpeta ríxida para mantela en boas condicións.
  • Escolle unha vestimenta acorde coa empresa e o posto que se oferta. Evita camisetas con slogans ou mensaxes inadecuadas, incluso se están noutro idioma.
  • Chega puntual á cita e apaga o teléfono móbil. Non comas goma de mascar.
  • Saúda con cortesía pero sen familiaridade nin exceso de confianza. Agarda a que te indiquen onde debes sentar ou o que debes facer.
  • Se levas algún obxecto (bolso, maletín, cartafol…) pregunta onde podes deixalo antes de pousalo onde non debes. Non xogues nin te distraias cos obxectos que poida ter o entrevistador na súa mesa.
  • Por moi próxima que se mostre a persoa que te entrevista lembra que nonestás cos amigos. Non utilices linguaxe informal ou expresións vulgares ou coloquiais e evita familiaridades e exceso de confianza.
  • Emprega un ton de voz correcto, nin moi alto nin moi baixo, e estírate para falar. Deste xeito, a túa voz sairá máis clara.
  • Mira á persoa interlocutora aos ollos e sorrí pero sen chegar a rir, non forces o xesto. Asinte de cando en vez.
  • Senta nunha postura erguida, cómoda e relaxada, que non te obrigue a cambiar de posición e a moverte cada pouco.
  • Non cruces as pernas nin os brazos, nin apartes a mirada da persoa que te fala. Non xogues con ningún obxecto.
  • Deixa que a persoa que te entrevista leve a iniciativa da entrevista. Escoita o dobre do que fales, contesta só ao que che pregunten e evita entrar en temas persoais ou controvertidos (opinións políticas, crenzas, os teus anteriores compañeiros ou xefes, a anterior empresa…).
  • Contesta sempre a verdade para evitar entrar en contradicións e procura non amosar dúbidas ou titubeos. Se non entendes unha pregunta, pide que cha aclare.
  • Procura sintetizar as respostas pero fuxe de monosílabos. Aproveita para poñer en valor as túas cualidades pero sen prolongar innecesariamente a entrevista. Poucas mensaxes e moi claras.
  • Evita criticar a ninguén ou amosar negatividade, en especial no referido a outras experiencias profesionais previas.
  • Ao despedirte, agradece a oportunidade da entrevista e pregunta acerca do seguinte paso, se podes contactar para informarte e con quen debes contactar.

E o que non debes facer…

  • Interromper á persoa que te entrevista ou non deixarlle acabar as frases ou as súas preguntas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *