Lugo está perdendo poboación, pero o mercado laboral gaña activos, xa que no ano 2015 sumaronse 7.500 novos ou novas traballadoras o que cambia o dato do ano anterior. Anteriormente perdéranse uns 7.000 postos de traballo, estes datos recolleos o último informe do Mercado de Emprego que realiza o SEPE.
Aínda que imos mellorando, hai algúns sectores que se ven máis afectados ca outros, por exemplo, o sector primario é o que perdeu unha maior cantidade de postos de traballo (8.300), seguido polo sector secundario (15.100).
Tamén afecta a perda de traballo da mocidade, os menores de 35 anos viron reducidas un 32% as súas oportunidades, e por iso a emigración entre a xente nova aumentou considerablemente duns anos para acó. Aínda que todo o emprego se destruiu, segundo os sindicatos o máis afectado foi o traballo a xornada completa.