Inserción Laboral das Persoas con Discapacidade
febrero 9, 2017
Elaboración do Curriculum
febrero 9, 2017

Prevención de Riscos en Persoas con Diversidade Funcional

A prevención de riscos laborais en persoas con diversidade funcional ven recollida na Lei 31/1995 no seu artigo 25: “Protección de traballadores especialmente sensibles a determinados riscos”. Esta lexislación promove a súa inclusión nas empresas e para iso, é preciso realizar adaptacións nos postos de traballo, realizar accións positivas que compensen as desigualdades e que garantan a protección das persoas traballadoras.

A intención da estratexia de prevención de riscos é a de protexer a saúde das persoas, facilitar a inserción laboral e preservar a empregabilidade. Para levala a cabo é preciso unha actuación conxunta tanto da alta dirección como dos representantes e do propio persoal.

Unha das medidas levadas a cabo polas empresas é a prevención inclusiva, que engloba unha serie de actuacións previstas para evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo; por tanto debemos falar de deseño ergonómico dos postos e do entorno de traballo que sexan compatibles coas capacidades das persoas na busca da súa seguridade.

Dentro dalgunhas empresas atopamos a figura do “preparador laboral”, como xa falamos noutra entrada, unha persoa que acompaña a traballadores con discapacidade funcional en casos de dificultades no proceso de incorporación laboral e que xoga un papel importante na detección das necesidades e posibles obstáculos á hora de desempeñar un traballo.

As empresas deberán ter en conta unha serie de pasos en relación coa prevención:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *