Axencias de colocación e empresas de traballo temporal
febrero 5, 2017
Espíritu Emprendedor
febrero 7, 2017

Certificados de Profesionalidade

Os certificados de profesionalidade acreditan o conxunto de competencias ou habilidades profesionais que te habilitan para exercer un traballo recoñecido como tal no mercado laboral e profesional.

Son títulos oficiais e valen para toda España e a nivel Europeo. Son concedidos polo organismo competente do ministerio e en colaboración cos órganos competentes das Comunidades Autónomas.

Obtéñense a través de dúas formas:

  • Aprobando todos os módulos que forman parte do certificado de profesionalidade.
  • Seguindo os procedementos de acreditación das habilidades profesionais adquiridas da experiencia laboral ou de formas non oficiais de formación.

Se te atopas perdido respecto a como obter este certificado, ou se precisas información sobre si cumpres ou non os requisitos precisos para obtelo, podes acceder a través deste enlace a páxina do Forga, no cal che poden resolver todas as túas dúbidas.

Os diferentes certificados de profesionalidade divídense en familias profesionais, que son un conxunto de cualificacións profesionais unidas pola similitude dun traballo.

Familias profesionais

As familias profesionais existentes na actualidade, atópanse recollidas na páxina oficial do Servizo Público de Emprego Estatal, nesta páxina poderás buscar a familia do certificado relacionado co traballo que che gusta:

Segundo o Servizo público de emprego estatal.

Segundo a Xunta.

Exemplo

Agora, para entender mellor o proceso, poñeremos un exemplo co certificado de profesionalidade de técnico/a en Sistemas Microinformáticos falando dende a nosa propia experiencia.

O primeiro que fixemos foi apuntarnos en Garantía Xuvenil, a través da páxina web, onde están reflectidos todos os pasos a seguir para apuntarse se estás interesado/a e do que falamos máis noutro post.

Unha vez apuntados, e presentada a documentación, chamáronnos para a entrevista, e seleccionaron a 15 persoas para a realización dun obradoiro en Sistemas Microinformáticos, no que previamente hai que cumprir unha serie de requisitos de nivel académico. (competencias clave nivel 2 ou secundaria superior)

A través deste obradoiro, conseguimos un certificado de profesionalidade en Sistemas Microinformáticos de nivel 2 (si algún ou algunha de nós tivera recoñecido unha serie de tempo traballado no ámbito da cualificación podería acreditalas para obter o mesmo certificado).

A partir de aquí, adquirimos unha serie de unidades de competencia, que nos servirán para obter o ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, que podemos lograr de dous xeitos, ou ben apuntándote no ciclo, no cal procederán a convalidarche as competencias xa obtidas co certificado para que non as teñas que volver a realizar, ou ben realizando os outros dous certificados de profesionalidade (Operaciones de Sistemas Informáticos e Montaxe e Reparación de sistemas Microinformáticos) que englobarían as unidades de competencia  necesarias para seren convalidadas co ciclo medio de Formación Profesional.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *